viernes. 29.03.2024

Albert acadou un escano no Parlamento Galego e representará a Valdeorras durante os próximos catro anos

Sorpresa para María González Albert. A número tres nas listas polo BNG en Ourense obtivo un escano no Parlamento de Galicia, onde se encargará de representar a Valdeorras e de facer oposición. E é que o partido nacionalista erixiuse como segunda forza nas eleccións deste domingo, 12 de xullo.



O gran obxectivo que se marcaba este partido para á urna era «que o Partido Popular saira do Goberno da Xunta», pero non foi posible. Aínda así, este domingo foi unha xornada de gran felicidade dentro das filas nacionalistas, que viña dunha situación complicada nos comicios de 2016, «cando estivemos ao borde da desaparición. Pero o BNG, representado por Ana Pontón no Parlamento, fixo un traballo grandísimo para demostrar que hai unha alternativa».

Para Albert o resultado foi «sorprendente. Coñezo a miña provincia e que o BNG tiviera neste momento tres parlamentarios, como no pasado, parecía imposible». Agora, a exalcaldesa da Rúa encargarase de representar á comarca pero tamén, de facer oposición.

Os seus obxectivos están claros. O primeiro, como xa contaba neste medio hai unha semana, é a sanidade. «É para nós primordial o que foi a nosa área sanitaria, que agora está a ser desmantelada. Ímonos opoñer ese desmantelamento definitivo». Pero ademais márcase outras metas, como a de buscar un futuro á comarca, «abandoada de forma sistemática polo PP. A mocidade continúa emigrando. Vanse fóra a estudar e quedan. Hai moito que facer nestes catro anos e moitas ganas de traballar».

Oposición ante una maioría absoluta

O PP de Feijóo acadou a maioría absoluta cun total de 42 escanos. Isto complica o labor da oposición, cuxa principal forza é o BNG con 19 parlamentarios. «É moi complicado tentar incidir no labor de Goberno de forma real. Temos vocación real de que o "país" poida cambiar, mellorar e que se modifiquen unhas dinámicas moi arraigadas que nos levan a situacións moi complicadas».



Se desexa escoitar a entrevista completa a María González Albert, preme nal seguinte ligazón:

María G. Albert: «Hai muito que facer nestes catro anos e moitas gañas de traballar»