
O libro Polos camiños do tempo, unha peza de teatro para ser interpretada na rúa, obra do técnico de cultura do Concello do Barco e escritor Gustavo Docampo, saía ás rúas no día de onte, venres 5 de outubro, e hoxe sábado, xa pode atoparse nas librerías. O traballo, dalle voz a personaxes históricos da vila do Barco e tamén de Viloira, e conta algunhas das historias das que foron protagonistas.
Conta Docampo que «o teatro sempre quere ser representado», e para a súa peza non puido ter mellor representación que a que fixeron en dúas ocasións os membros de Gargallada Teatro nas rúas do Barco. Tamén agradece o escritor a dirección de José Luís García Alejandre «Álex», e o agarimo co que os veciños do Barco recibiron a obra. «Trala resposta tan agarimosa por parte da xente do Barco cando me animo a dala a ler e chega as mans do editor Paco Macías; él foi quen me animou a publicala», conta.
Da obra extráese o celo do escritor por fixar a memoria local, polo rigor histórico, por amosar «quenes foron esas personaxes que aparecen nunha placa dalguha rúa que as veces non o sabemos realmente». Pero tamén, das páxinas do libro se desprende o amor polo pobo, polo noso, que guía a pluma a través das 70 páxinas cas que conta o libro. E, neste punto, aparece a modestia do escritor e o respecto polo arte de escribir, «se mo dicen fai un ano, cando foi escrita, consideraría un atrevemento pola miña parte publicala; ser escritor son palabras maiores. Trátase simplemente dunha escrita de circunstancias, utilicei o teatro como ferramenta para facer unha incursión na cultura local».
Se desexas volver a escoitar a entrevista que mantiñamos con Gustavo Docampo esta semana, antes da saída de imprenta do libro, fai click no seguinte enlace: