viernes 3/12/21

Francisco Moral Rodríguez, secretario local da CIG en Valdeorras, rememora o inicio deste sindicato na nosa comarca. Cóntanos como Anxo Pérez Carballo, actual secretario comarcal da CIG, comezou con este proxecto sindical en Valdeorras. Cataloga a presenza da CIG como unha ardua loita debido ao seu carácter reivindicativo.

Admite que o ano pasado non foi o máis espeso en folgas. O sindicato convocou unha debido á situación sanitaria e participou en varias mobilizacións, destacando entre elas a do 8M.

Francisco, sen pelos na lingua, fala sobre a área sanitaria. Dí que é unha contenda que leva dende hai moitos anos na comarca. Dí que pouco a pouco vanse perdendo todos os servizos. Contradecindo o que dixeron as autoridades gubernamentales, afirma que a xestión integrada non favorece a Valdeorras. Dende o seu punto de vista empobrécenos en recursos e medios.

O secretario local tamén nos falou dos traballadores. Máis concretamente do que precisan os traballadores da comarca. Certifica que estes últimos anos houbo unha perda progresiva de dereitos laborais. Esta situación débese aos derradeiros convenios asinados. Non obstante, Francisco destaca a prevención laboral por riba do resto de necesidades.

A precarización laboral, declara o secretario, provocou un repunte nas afiliación á CIG. Ademais este sindicato ofrece entre outros servizos, a realización da declaración da renta e unha caixa de resistencia propia, por se as folgas duran demasiado tempo.

Outra situación polémica sobre a que se pronuncia, é o helicóptero do Barco. Contradecindo as palabras de Moisés Blanco, deputado do partido popular no parlamento autonómico de Galicia, Francisco di que non  se comezou ningunha obra na base de Vilanova, e que a estas alturas xa deberíamos ter este servizo cuberto.

Francisco Moral Rodríguez: "Agora parece que só importa a produción"