
A educadora e psicóloga Ángeles Goás visitaba onte Valdeorras para participar no VI Ciclo De Perto organizado por la Concellaría de Cultura do Barco. Natural de Abadín, na provincia de Lugo, Ángeles descubría en Santiago, fascinada, que existían os narradores de historias para adultos. Escomezaba de novo a súa andadura no mundo de contar contos moi recentemente, despois de preto de vinte anos de contalos, chegou un día no que a timidez non lle deixou seguir facendoo. Retomábao hai cinco anos, segundo ela mesmo conta, para dirixirse de novo con moita máis forza ao público adulto.
Ela defínese coma unha persona normal, á que lle gusta moito escoitar historias e á que lle apaixona contalas despois. Moitos deses relatos son historias propias e outras que vai adaptando. Realmente disfruta cando se sube a un escenario e contecta co público asistente, e cando iso ocurre «queres volver a repetilo de novo, porque as ganas son máis grandes que o medo». Precisamente os temores foron protagonistas da proposta O medo é libre, que trouxo a Valdeorras, e que compartiu cos que a quixeron acudir a escoitala.
Aquí podes atopar a entrevista completa que mantivemos con ela, antes da súa intervención no De Perto: