A Banda de Música do Barco trunfou en Vilamartín
Cerca de 400 persoas asistiron ó primeiro concerto, dos catro que dará dentro do proxecto «O Teu Xacobeo»
Na praza José Luís Núñez de Vilamartín congregáronse ao redor de 400 persoas para desfrutar do concerto que, o sábado 28 de setembro, ofreceu a Banda de Música do Barco. Un evento músico cultural enmarcado dentro do proxecto « O Teu Xacobeo 2021», cofinanciado pola Xunta de Galicia.
O acto abriuse co coñecido pasodobre «Amparito Roca» ó que seguiron pezas clásicas e máis modernas de bandas sonoras: Xogo de Tronos, Flash Dance, Gladiator, Grease Selection ou Piratas del Caribe. No repertorio incluíronse temas como De Granada a Damiel, New York, Abba Gold, Unha noite en Lisboa, No llores por mi Argentina, rematando con un sonoro aplauso tras Banda Galega.
Lalo Santos, do grupo teatral Gargallada Teatro, contou dúas historias do polifacético Paco Campos, actor, músico e escritor cuxos orixes teñen que ver, e moito con Vilamartín — o seu pai e de Portela e a nai de Baxeles—. As narracións fóronse intercalando con pezas musicais que aludiron ó Camiño. «Os Camiños unen lugares, espazos e tamén tempos», palabras coas que Santos deu comezo ó segundo relato. A través da historia de amor de Tristán e Isolina os espectadores viaxaron de 1809 —data da ocupación destas terras polos franceses debido a Guerra da Independencia— ós nosos días, percorrendo lugares como A Pincheira en Fervenza, Penouta ou As Ermitas, lugar onde transcorre o conto.
A primeira intervención de Lalo fixo referencia ós topónimos e lugares da comarca con nomes pouco comúns: O cavorco do Inferno, A mallada dos lobos ou Onde morreu o pobre. No seguinte vídeo podes ver e escoitar a Lalo Santos na primeira intervención: