domingo. 15.03.2026

O monte tenta volver medrar mentres Manolo segue coidando dos seus animais

Unha conversa entre cabras, cans e lembranzas do incendio que marcou San Xulián, e toda Valdeorras

somoscomarca_sanjulian_manolo_

A pasada fin de semana achegueime ata San Xulián para pasar un anaco da tarde do sábado. Precisaba desconectar un pouco, aínda que fose mentres seguía traballando. Subir ata San Xulián sempre ten algo especial, é un deses lugares que che devolven a calma e a enerxía que ás veces a vida vai gastando.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite82

A natureza, cando a tratas con respecto, tamén sabe recompensar. Pero o camiño ata o lugar xa non é o mesmo desde o incendio de agosto.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite74
Vista do val desde San Xulián

Á entrada do pobo, entre os alcornoques algunhas pólas verdes loitan por abrirse paso entre o negro do monte queimado. A paisaxe segue marcada polo lume, como unha ferida que aínda non acabou de pechar.

Foi entón cando apareceron os primeiros sinais de vida. Máis dunha ducia de cans saíron ao meu encontro na estrada, movendo o rabo e anunciando a presenza do seu dono. Un pouco máis arriba, nas ladeiras, víanse as cabras. Non fixo falta preguntar moito: Manolo tiña que estar preto.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite89

Parei o coche. Dende a ventá, cunha vista aberta sobre o val, pregunteille onde andaba. En realidade xa o sabía. Onde estaban as cabras, as ovellas e de onde baixaran os cans.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite88

Manolo apareceu entre o monte como quen forma parte del. Coa súa maneira peculiar de falar e esa mirada de quen leva toda unha vida aprendendo da terra.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite84

Con el a conversa sempre é doada. Ama a natureza dun xeito que non precisa explicacións. Case parece confundirse con ela. A vida, con todo, non o tratou demasiado ben nos últimos anos. Entre a enfermidade e a dor pola perda que leva dentro, a súa alegría xa non é tan sonora como antes. Pero segue aí, coidando dos seus animais e do pouco que queda do seu mundo.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite85

Pregúntolle como vai todo despois dos incendios. Manolo suspira e mira ao redor. «Horrible, é horrible», di finalmente. «Eu creo que está o gando todo enfermo. As ovellas morreron na metade».

Conta que un amigo da Portela tamén lle falou do mesmo. Aquel verán non só queimou o monte, algo parece ter quedado tamén nos animais. «Morreron as ovellas, morreron máis cabras… só me quedou unha. Non sei que carallo pasa. Este ano o gando está mal, moi mal. Mesmo os coellos non están espelidos».

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite81

Mentres falamos, os cans móvense arredor de nós, atentos a cada palabra do seu dono. Manolo chama por eles e responden de inmediato, como se cada nome fose unha pequena historia compartida. 

«Vide! Toma, Chiviña, ven!», interrumpe a conversa para que as cabras non se marchen e alí está ela, a mandona, unha Border Collie preciosa que se chama Amanda.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite78

Pregúntolle se todos teñen nome. «A todos», responde con orgullo. «Todos con microchip e todos desparasitados». E vai presentándoos un a un, coma quen presenta membros da familia.  «Este é o Careto. Aquela é a Nina. A outra é a Pinta. A Pastora… e aquela de alí é a Lúa. A Amanda…». Amanda, di, é a que máis corre. «Amanda é moi mandona. Hai que ter coidado con ela».

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite87
Esta é Amanda

Entre chamadas aos cans e ás cabras que baixan e soben polo monte, a conversa vai saltando entre animais e recordos. Antes tiña tamén un galo e cinco pitas máis abaixo. «O galo tiven que matalo», conta. «Pero as pitas quedaron e seguen poñendo ovos».

Tamén fala do burro, como quen fala dun vello compañeiro. «Chámase Pirico David». O nome non é casual «porque o dono do burro chamábase David».

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite77

Pero inevitablemente a conversa regresa ao lume. Aquel 15 de agosto que deixou o monte calado e o pobo en vilo. Manolo lembra como o lume se achegou demasiado. Como as lapas avanzaban sen dar tregua. Ardeu mesmo unha casa que acababan de restaurar.

E lembra tamén que, de non ser por unha parella da Garda Civil que decidiu quedar con eles, quizais a historia sería outra. Intentaron saír. Pero o lume non os deixaba.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite75

Agora, mentres fala, o monte comeza lentamente a reverdecer. Pequenas herbas novas nacen entre a cinza. A vida sempre busca a maneira de volver. Manolo observa todo iso en silencio durante uns segundos.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite79

Ao seu redor, os cans móvense libres, as cabras espállanse polo monte e o vento trae o cheiro da terra húmida que pouco a pouco recupera a cor. E entón enténdese algo que non precisa palabras, para Manolo, este non é só un lugar onde vivir. É a súa terra e E mentres quede algo dela, el seguirá aquí.

somoscomarca_quiroga_mostradoaceite76
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

O monte tenta volver medrar mentres Manolo segue coidando dos seus animais