martes 21/9/21

Vilariño de Conso busca axudar aos maiores a levar unha vida saudable

Dende o consistorio buscan que os maiores recuperen uns hábitos de vida activos tras a pandemia

O Concello de Vilariño de Conso ven de adherirse ao Plan Salubrízate. Este ten como finalidade a realización de actividades saudables, tanto en alimentación como para que os beneficiarios podan levar unha vida activa tanto mental como física.

Dende o consistorio aplicarán o mesmo a xente maior, xa que forman parte maioritaria do grupo poboacional do municipio. Este plan, pioneiro na provincia, está coordinado por médicos, enfermeiros, logopedas, educadores, psicólogos ou pedagogos para poder levar a cabo tódalas actividades dunha forma correcta.

Búscase a súa vez que este grupo poboacional comece a saír de casa dunha forma segura, e pouco a pouco ir recuperando unha actividade previa a chegada da covid.

Para a xente nova tamén teñen en marcha un plan, neste caso do concello, para que aprendan a comer correctamente. Por elo unha vez a semana lévanselles alimentos que inclúen os datos dos mesmos para que os cativos teñan a información deles.

Respecto as últimas obras que levan a cabo dende o consistorio, están a recuperar os muros caídos nos diferentes pobos, así mesmo reparan rúas e desbrozan para evitar incendios forestais e diferentes perigos para a poboación.

Tamén contan cun caso activo de Coronavirus nestes momentos. Dende o concello explicaron que o mesmo non reside na localidade, senón que o fai en Ourense pero están empadroados en Vilariño. Debido a este positivo dende a alcaldia piden a pobación responsabilidade e sentido a hora de realizar diferentes actividades.

Vilariño de Conso busca axudar aos maiores a levar unha vida saudable