domingo. 15.06.2025

A historia do Foxo do Lobo volverá iluminarse en Vilariño de Conso

As obras de mellora por parte dos arqueólogos están a piques de rematar, «moi pronto poderémolo desfrutar cuns paneis interpretativos», avanza Melisa Macía, alcaldesa do municipio
P_somoscomarca_240920_vilariño_foxodolobo_dron
Imaxe cedida do Foxo do Lobo en vista de drone

Coñecer a historia dos nosos antepasados, non ocupa lugar. Por este motivo, vámonos até o Concello de Vilariño de Conso, concretamente aos montes de Chaguazoso, a uns 1292 metros de altura. «A natureza de aquí é brutal», así o afirmaba a alcaldesa do municipio, Melisa Macía, para unha entrevista a Más de Uno Valdeorras. 

Nesta ocasión non nos centraremos nas vistas que se ofrecen dende aí. A protagonista é unha pequena edificación que se atopa no medio do monte. Ata este momento estaba recuberto de maleza en medio do val graciar, pero agora os seus muros volven ser protagonistas. 

«Foi unha recuperación moi interesante», matizaba a alcaldesa. Para poder recuperar a etnografía de Vilariño, varios arqueólogos traballaron «de maneira manual». Estas obras están a piques de rematar, entón «moi pronto poderémolo desfrutar cuns paneis interpretativos». 

Así, os interesados poderán entender a historia que esconden as pedras do Foxo do Lobo. Un lugar onde os pastores que ían a serra acurralaban ao lobo para que non atacase ao rabaño de ovellas. «Dábanlle un susto». 

Finalizados estes traballos, dende o equipo de goberno teñen pensado recuperar parte da ruta Chaguazoso e así «a xente coñecerá e verá como era antigamente esta práctica». 

A historia do Foxo do Lobo volverá iluminarse en Vilariño de Conso