miércoles 8/12/21

Este ano a Festa do Cabrito de Vilariño quedou limitada ás casas debido a pandemia da COVID-19

Este sábado de Entroido o Concello de Vilariño de Conso viviu a Festa do Cabrito máis estrana do total das súas 32 edicións debido ás limitacións provocadas pola COVID-19.

No 2021 a carne e os doces que conforman o menú non saiu do forno ás mesas colocadas no Pavillón Municipal de Vilariño, se non que marchou a cada unha das casas situadas nos 16 núcleos de poboación que conforman o municipio, sendo achegados con a través dos boteiros e de voluntarios de Protección Civil.

Dende o consistorio subliñaron que o evento e as datas do Entroido non poden caer no olvido, xa que se ben nunca pensaran en vivir estes tempos, a festa pódese realizar igual levando o prato casa por casa. «Por exemplo o xoves de conmadres foi raro, fixo frío, chovía e había néboa.Non se sentía o colorido, a alegría nin sonaban os bombos. Temos que tirar de recordos de outros anos».

Boteiros este sábado de Entroido en Vilariño

Este evento tivo tamén moi boa acollida por parte dos veciños, xa que os que rexeitaron a participación foi por motivos de Saúde. Dende o Concello esperan que no 2022 pódase celebrar o evento de forma presencial para poder celebrar así o final da pandemia.

Cabrito para celebrar o sábado de Entroido mais atípico en Vilariño