Enrique Álvarez: «Florencio conseguiu que a comarca se unise para a súa festividade»

«Florencio conseguiu que a comarca se unise para a súa festividade».
Florencio volveu a Córgomo no día das súas letras e impregnou a vila co seu espírito. A Florenciada, festa ca que rematou o día, na que as conversas entre amigos, a unión dun pobo, a brincadeira, a música e o viño foi a proba que o constatou

Córgomo non deixou indiferente a ninguén. Onte a vila natal de  Florencio Delgado Gurriarán converteuse nunha festa para celebrar ao autor, pero tamén a unión dun pobo. Son moitos os que fixeron posible que  As Letras 2022 se celebrasen en Valdeorras. «Aquí estivemos todos», aseguraba o alcalde, Enrique Álvarez Barreiro.

E é que tras a resaca de emocións, toca facer balance do que foi unha xornada perfecta. Lembra o rexedor como hai catro días reuníanse cos veciños para contarlles como sería esta celebración. «A ilusión que se desprendeu nese momento era total. Cada veciño e veciña sabía que tiñamos que ser anfitrións da xente que viñese». E así foi.

Veciños de Cógomo traballando arreo para que todo estivese disposto o 17 de maio

Porque o Día das Letras en Valdeorras foi o día dos veciños. «Cando lle propuxemos a Víctor Freixanes —presidente da RAG— facer o acto nun espazo público onde entrase todo o mundo, revivindo o espírito coa  Florenciada, faltoulle darme un abrazo, porque é o que quería. O listón quedou moi alto e macháronse  sorprendidísimos. Nunca na vida fíxose nada neste sentido».

Enrique Álvarez conversando coas fillas de Florencio, na Florenciada. Foto: As Letras de Florencio

Os alcaldes e representantes institucionais deixaron á marxe as cores políticas, unidos nesta festa onde o protagonista era Florencio, pero tamén a comarca de Valdeorras. «Neste tipo de cousas temos que estar todo xuntos. Demostrouse cando hai seis anos unímonos para conseguir  As Letras. Este tipo de cousas emocionan e fanche ver que iso é o que temos que facer».

A Florenciada, a  festa que uniu 

Agora, unha vez que Valdeorras quedou posto no mapa cultural grazas ao fío que puxo  Florencio, «toca tirar. Temos que coller ese fío e tirar. Politicamente e tamén desde a industria. Vaise situar no mundo adiante».

O Pleno da RAG ao que asistiron representantes de todos os signos políticos, culturais e sobre todo a veciñanza

Florencio volveu a Córgomo no día das súas letras e impregnou a súa vila natal co seu espírito, proba de elo foi a «Florenciada», festa ca que rematou o día e, da que Florencio se sentiría orgulloso. Conversas entre amigos, unión dun pobo, brincadeira, música e, viño.

Mozas de Corgomo con Anxo Baranga