martes. 23.04.2024

A tan só 10 días da celebración das Letras Galegas os veciños de Córgomo apuran as tarefas para deixar, aíndase cabe, máis bonita a vila natal de Florencio. Hoxe tocou realizar un mural no barrio do Surrego pero antes de chegar ao lugar para falar con Gerardo Cooper, Chere, autor e deseñador do mural, e os veciños que alí estaban tivemos que facer unhas cantas paradas.

A primeira na Casa do Pobo, onde un grupo de mulleres estaban enchendo unhas xardineiras de terra para logo plantar as flores que embelecerán a praza. Un pouco máis adiante unha carretilla chea de flores  chamou a atención do obxectivo.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (38)
A fonte da praza do gaiteiro Leopoldo

Polas rúas, limpas coma unha patena, chegamos a praza que homenaxea o gaiteiro Leopoldo. Alí a auga escorrega dun pilón a outro vixiada polas botellas pintadas polas mulleres da asociación de Córgomo.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (40)
Rafa suxeitando a roda no barrio do Poulo

Un pouquichiño máis adiante Rafa con taladro en man dispoñíase a fixar nunha parede unha roda e as letras feitas en madeiro co nome do barrio, O Poulo. Nese barrio tamén vimos a Chus colocando unha xanela ao pé dunha escaleira onde se podía ler: As Letras de Florencio.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (43)
Chus amosa a xanela que realizou e colocou nese precioso recanto do Poulo

Xa ao fondo un fervedoiro de xente. Si, estabamos chegando a barrio do Sorrego, onde o artista Chere, Gerardo Cooper, coa axuda dos veciños e veciñas estaba a realizar un mural para honrar a Florencio.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (33)
Chere pintando a portada de Bebedeira no mural

A implicación dos veciños é unha parte moi importante na obra de Chere. O mural reflicte o seu exilio a México. «Intentamos reunir México e Galicia na parede. Por un lado están as cores da bandeira mexicana, blanco, verde e vermello», explica Chere a Somos Comarca. Non faltan os acios de godello e mencía e unha copa de viño, como en Bebedeira, cuxa portada está tamén pintada en branco e negro. Tamén se pode observar o sol da cultura Azteca ou un cactos realizado con cerámica de Sargadelos. «Como o cactos pincha e Sargadelos pincha fixémolo con pratos rotos», aclara o artista. Florencio está pintado cas cores da bandeira galega, en branco e azul.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (30)
Este veciños pintan o sol que representa a cultura Azteca

No seguinte vídeo están as explicación de Chere:

Pero non todos pintaban ou colocaban mosaicos tamén había unhas mulleres que plantaban xeranios e petunias. Outras botaban a terra e outras regaban.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (27)
As mulleres prantando as flores no barrio de Sorrego

Non me resistín a dar unha volta pola vila e seguir facendo fotografías de todo o que chamaba a miña atención. Tamén pasei polos lugares onde, o día anterior, vira traballando os rapaces e rapazas do obradoiro de xardinería para comprobar a boa labor feita.

somoscomarca_corgomo_florencio_mural_botellas_vecinos_calles_2022_05_07 (3)
Botellas pintadas polas Mulleres Rurais de Córgomo a saída cara A Portela

Mañá quedará rematado o mural e o que nos gustaría máis, que ver a súa fermosura, sería o que se acabara nunca e a boa veciñanza e ese Córgomo unido polas Letras de Florencio.

Risas e parolas, pero sobre todo moitas ganas de amosar ao mundo un Córgomo, guapo!

Córgomo ponse guapo!