viernes. 27.06.2025

Chere e os veciños de Córgomo realizarán un mural de Florencio

Estará situado no barrio de Surrego e terá unhas medidas de 12 metros de longo por 3 de alto. Realizarase cun dobre motivo, por un lado homenaxear a Florencio e polo outro, exornar  a vila
somoscomarca_mosaico_rio_sil_chere_2021_09_11 (4)
Chere realizando un mosaico ao carón do río Sil

O artista valdeorrés Chere, Gerardo Rodríguez Ramos, coa axuda dos veciños de Córgomo realizará esta fin de semana un mural no barrio de Surrego.

Coma non podía ser doutro xeito, dado as datas nas que estamos e tratándose de Córgomo, a terra natal de Florencio o mural estará dedicado a súa persoa e obra. «A temática do mural será a figura de Florencio Delgado Gurriarán e unha mistura de corgomo, México e o víño», sinalan desde a organización.

O mural deseñado por Chere ten unhas dimensións de 12 metros de longo por 3 de alto e realizarase cun dobre motivo, por un lado homenaxear a Florencio e polo outro, embelecer  a vila. Unha vez máis e coma e habitual no artista barquense, trátase de implicar a toda a vecindade, tanto nenos coma maiores e, que sintan a arte.

O mural comezará a realizarse a partires das 9:00 horas do sábado  e continuará pola tarde. O domingo  seguirán os traballos hasta quedar rematados. Agárdase que só sexa necesaria a xornada matutina.

Esta e outras actuacións están promovidas pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo  e os veciños da vila, coa colaboración da Comunidade De Montes de Córgomo e do Concello de Vilamartín.

«Esta é só unha das varias actividades que se están realizando e se van a realizar en Córgomo nas que as mulleres rurais teñen, sen dúbida,  un papel fundamental», sinálase.

Ademais do mural, significar que «segue o embelecemento da vila en xeral. Con maceteiros, coa recuperación da toponimia por medio dunhas placas cos nomes das airas e barrios, restauración de bancos...»

Chere e os veciños de Córgomo realizarán un mural de Florencio