Tras meses de traballo os veciños e veciñas de Córgomo, terra natal de Florencio Delgado Gurriarán, puideron celebrar a festa do Día das Letras Galegas.
Unha vez rematado o Pleno extraordinario da Real Academia Galega, as rúas da vila enchéronse de música, comida e festa. Un final máis que merecido e que ninguén quixo perderse.
Tampouco o novo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que estivo acompañado do resto de autoridades, entre elas, os alcaldes da comarca ou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.
Nas mesas non faltou a comida, e moito menos o viño, o gran amado de Florencio, e que correu a cargo das adegas de Córgomo.