viernes. 19.04.2024

Os cartos destinados para o GDR Sil-Bibei-Navea, están destinados a dinamización dos proxectos que levan a cabo na contorna

Inés Santé, directora de (Agaeder) reuniuse por videoconferencia con representantes do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Sil-Bibei-Navea, entre os que se encontran os representantes dos concellos de Manzaneda, A Pobra de Trives, Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Así comunicóuselles que dende a Xunta de Galicia destinará máis de 400.000 euros en total ata o ano 2022, co fin de apoiar a labor de dinamización que levan a cabo na súa área de influencia.

Con esto trátase de que poidan continuar facendo proxectos que axuden a creación de emprego e a consolidación doutrosmediante a selección de novas iniciativas que axuden a acadar un maior grao de desenvolvemento das áreas rurais.

Mediante estas aportacións terminaráse de dar impulso a sectores como o agroalimentario, gandeiro, forestal, turístico, ambiental ou o do pequeno comercio tan relevantes nos pequenos concellos como os que conforman o Macizo Central.

Neste encontro tratouse o papel que a futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia concederá aos GDR como entidades colaboradoras para contribuír ao cumprimento dos obxectivos de dita norma.

Deste xeito, estes grupos poderán exercer como xestores do Sistema de información de terras, prestando apoio e información aos interesados e mesmo tramitando solicitudes de incorporación e de arrendamento.

Tamén poderán asesorar para a solicitude de polígonos agroforestais ou actuacións de xestión conxunta, informar sobre parcelas en estado de abandono ou infrautilización e, entre outros, colaborar na revisión e actualización dos mapas de usos e do Catálogo de solos agropecuarios e forestais. Por último, abordouse a posibilidade de levar a cabo un proxecto de aplicación de tecnoloxías TIC para dar servizo ás persoas maiores do rural ourensán, xa que moitos dos residentes son de avanzada idade e en moitos casos residen en soidade en pequenos núcleos de poboación.

As accións dos Grupos de Desarrollo Rural poden verse reflexados tamén en outras comarcas como ocurriu co GDR de Valdeorras, que aprobou un total de 56 proxectos que axudaron a crear 10 novas empresas e a crecer a outras 14, xerando 24 empregos e consolidando 66 entre os anos 2014 e 2020.

Os concellos do Macizo Central veránse beneficiados das axudas do GDR