
A segunda edición do Campamento de Espeleoloxía Infantil, que tivo lugar esta fin de semana en Cobas —Rubiá— foi de novo un «exitazo». 20 nenos e 6 monitores da Agrupación Águilas Verdes de Rubiá compartiron durante 36 hora experiencias únicas e aventuras «incribles».
A primeira hora da tarde, os nenos e nenas saíron do Poulo do Couso —punto de encontro— ata a Pala Xilberte onde estiveron dúas horas explorando a cova. «Tivémolos entretidos, esa pala da moito xogo», segundo conta Marcos Fernández monitor de Águilas Verdes.

A Pala Xilberte é unha cova horizontal, totalmente distinta á que exploraron o ano pasado, a Pala da Zorra que era máis ampla e só para camiñar. Namentres que esta «ten pasos elevados, por abaixo, téñense que arrastrar como culebras e a verdade é que foi moi divertido», explicou o monitor.

Á saída da cova comeron nun prado e logo «fixémoslle unha ruta desde alí ata o refuxio de Cobas». Case que 6 quilómetros de aventura. Cado chegaron ao refuxio merendaron para logo practicar o rapel. Ao remate da actividade unha ducha e tempo libre para que «xogaran ao seu aire». Cena e xogos nocturnos para caer rendidos e recuperarse para as actividade do domingo.

Tras o almorzo, a segunda xornada de campamento estivo dedicada á orientación. «démoslle un mapa do parque e fixemos unha pequena iniciación a orientación. Tivéronos que levar eles a nos á enciña e ao forno de cal guiándose polo mapa».

Ao remate, volta para o refuxio onde pais e nenos compartiron mesa. Entusiasmados ían contado o que acontecera no día e medio de estadía no campamento que foi moi intenso. Sobre as catro da tarde coa entrega de diplomas deuse por concluído esta actividade.

A boa acollida entre os participantes fai que os organizadores pensen na terceira edición. Moitos dos nenos repetían e quedaron moi contentos «porque a cova era distinta e os que ían por primeira vez quedaron flipados».

«Se todo vai ben para o ano que ven volvemos», sinala Marcos dos Águilas Verdes. O colectivo de Rubiá gústalle moito as actividades con nenos, xa que como di Fernández: «Pasámolo en grande. É un fin de semana intenso, acabamos rebentados todos, pero pasámolo como os indios».

«Os nenos solos son outro mundo, cando non están os pais son outro mundo», subliña. «Son mellores cos adultos. Os nenos diceslle as cousas e fan tal e como llo dices son como esponxas, absorben todo. O que lle dices e fan caso en todo. Unha actividade como a espeleo e mellor cun neno que cun adulto, porque o adulto sempre pensa que controla e o neno o que lle dis faino», explica.

A pala de Xilberte
«As palas son horizontais e logo hai as simas que son as que teñen pozos e son verticais», responde Marcos á pregunta de por que se claman palas.

Fotos cedidas polos Águilas Verdes