miércoles. 09.07.2025

Eladio Santos: «O labor da Garda Civil é fundamental para previr riscos e educar no respecto ao medio»

O subdelegado do Goberno participou na exhibición do GREIM e do SEPRONA no IV Campamento de Espeleoloxía Infantil Águilas Verdes, en Rubiá, onde puxo en valor o papel da Garda Civil na protección do medio natural e na educación da mocidade.
somoscomarca_rubiaeladiosantos
somoscomarca_rubiaeladiosantos

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou esta mañá o papel esencial da Garda Civil na prevención de riscos no medio natural durante a exhibición realizada polo GREIM (Grupo de Rescate e Intervención en Montaña) e o SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza) ante os nenos e nenas participantes no IV Campamento de Espeleoloxía Infantil Águilas Verdes, celebrado no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, en Rubiá.

somoscomarca_vilamartin_andaina_santacompaña1684

«Actividades coma esta son unha oportunidade excepcional para achegar á mocidade valores de respecto pola natureza, seguridade e colaboración», subliñou Santos. «O labor da Garda Civil, tanto na intervención como na divulgación, é fundamental para previr riscos e concienciar sobre a importancia de coidar o noso entorno natural».

O subdelegado salientou que esta iniciativa se enmarca no Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos, unha estratexia do Ministerio do Interior que, segundo apuntou, «é unha ferramenta imprescindible, porque ten a capacidade real de chegar á xente nova desde a proximidade, o exemplo e a confianza».

Durante a exhibición, os máis pequenos puideron coñecer de primeira man o traballo dos corpos especializados da Garda Civil: desde os protocolos de actuación en situacións de emerxencia ata a vixilancia ambiental e a loita contra os delitos ecolóxicos. Para moitos, foi a primeira vez que viron en acción aos profesionais que garanten a súa seguridade no monte.

somoscomarca_rubia_cobas_campamento_aguilasverdes1632
Conversación animada con Raquel Méndez, concelleira de Rubiá

Santos tamén aproveitou a ocasión para felicitar ao grupo Águilas Verdes pola organización do campamento e pola súa aposta en dar visibilidade a un espazo natural único: «A Serra da Enciña da Lastra é un tesouro de biodiversidade e paisaxe que temos a obriga de protexer, e iniciativas como esta son fundamentais para que a nosa mocidade coñeza e valore o seu patrimonio natural».

somoscomarca_rubia_cobas_campamento_aguilasverdes1631
En conversación con uno de los monitores

O IV Campamento de Espeleoloxía Infantil Águilas Verdes continúa así a consolidarse como unha proposta educativa, deportiva e ambiental de referencia, que combina aprendizaxe, contacto coa natureza e experiencias inesquecibles para os máis pequenos.

Eladio Santos: «O labor da Garda Civil é fundamental para previr riscos e educar no...