domingo. 28.05.2023

Fernando García Viso porase a proba para volver competición

O vindeiro sábado, 23 de Febreiro, en Castrelo de Miño (Ourense), celebrarase o Campionato Galego de Piragüismo de Inverno.  Ao redor de 500 deportistas de 41 clubs de toda Galicia estarán presentes nesta primeira proba da tempada que, ademais, é clasificatoria para o Campionato de España de Piragüismo de Inverno que se celebrará en Sevilla a mediados de marzo.

O Fluvial Barco estará presente con tres padexeiros, Fernando García Viso e os irmáns González Carrera, Miguel Anxo e Roberto—presidente do club—, Jesús Rodríguez León, non pode asistir por razóns de traballo.



A presentación deste evento deportivo celebrouse no Pazo Provincial, onde ademais de Rosendo Fernández —vicepresidente da Deputación de Ourense— estiveron presentes, o presidente da Federación Galega de Piragüismo e do representante provincial da Federación, Alfredo Bea e José Manuel Fernández; o alcalde e a concelleira de Deportes de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez e Maribel Rodríguez; o adestrador do Club Fluvial Avión-Castrelo, Pedro Andrés García; e o representante da Secretaría Xeral para o Deporte, Manuel Pérez.

Alfredo Bea adiantou neste acto que entre os proxectos futuros nos que se están a traballar atópase “atraer para o ano 2020 competicións internacionais”, así como que para este ano “o piragüismo galego estea no Plan XOGAPE, para que este deporte estea nos colexios, por tratarse do deporte que  máis medallas e éxitos aporta a Galicia”.



Outro dos

obxectivos da Federación Galega de Piragüismo é “abrir este deporte a toda a

cidadanía para que todos poidan gozar do deporte, da terra, da paisaxe e da

defensa do mesmo”, sinalou Alfredo Bea, quen afirmou que “Galicia é

piragüismo”.

Fernando García Viso volve de novo á competición

Neste campionato, o padexeiro y ex-presidente do Fluvial Barco, Fernando García Viso volve de novo á competición despois de estar afastado desde o pasado mes de maio, por mor dunha cardiopatía coronaria.

O deportista barquense que nunca deixou a piragua —agás o tempo que estivo ingresado—, incluso participou no Descenso do Sil, enfróntase de novo a competición. «El Descenso lo hice, bueno, más que nada me dejé caer por el río» apuntou, durante a conversa mantida. A edición pasada foi o protagonista do cartel anunciador da proba inernacional barquense.

García Viso na baixada do Descenso do Sil o pasado ano

Está será a proba de fogo da súa continuidade na competición, porque como el mesmo recoñece: «No es lo mismo remar en los entrenamientos por el embalse que una competición de este tipo. Aquí hay que salir fuerte y eso, en estos momentos, no lo puedo hacer. Voy a mirar a ver que pasa, empiezo y a lo mejor tengo que parar». Moitas dúbidas para este deportista que leva toda a vida subido a unha piragua, cabe destacar os 35 anos consecutivos facendo el Descenso do Sil ou a participación en centos de regatas e campionatos por todo o mundo.

Tres deportistas do Fluvial Barco participarán no Campionato de Piragüismo de Inverno