Unha visita a Marco Petín entre lusco e fusco

As obras de Orde Caos, Yosso, Lilí, Piquico, Dieguez e Noé, van saíndo ao paso a medida que avanzamos entre as estreitas rúas, desde a igrexa ata a praza da Veiguiña. E, non é o mesmo facer o percorrido de noite que de día.

Cada ano mudan os artistas para vestir as rúas do antigo Petín con formas e cores que abraian aos sentidos. As obras locen entre as pedras das vellas casas imprimindo un novo carácter aos seus muros coas «bellas» creacións. A Marco Petín é todo un «luxazo»

As obras de Orde Caos, Yosso, Lilí, Piquico, Dieguez e Noé, van saíndo ao paso a medida que avanzamos entre as estreitas rúas, desde a igrexa ata a praza da Veiguiña. E, non é o mesmo facer o percorrido de noite que de día.

É moi recomendable deixarnos levar e descubrir as sensacións que en cada momento produce este conxunto arquitectónico-artístico. É máis, non estaría mal que a visita se fixera a lo menos un par de veces, porque non é o mesmo con xente —que vai comentando o que lle parece— ou só, para descubrir a arte de cada un dos autores no máis íntimo.

Despois deste percorrido por un Petín que se transforma nunha sala de exposicións ao aire libre, ano tras ano, desde aquel 14 de agosto do 2020 no que arrincaba, en plena pandemia, una iniciativa que despois de catro anos segue moi viva.

Na primeira edición mostrábanse unhas cen obras —oitenta cadros e vinte esculturas—.de catro artistas da comarca: Carina, Lito e Conde y Torino. Logo virían outros, sen ir más lonxe, na Marco de 2023 estiveron Cochorro, Chus González, José Luis Prieto «Lilí», Iván Prieto, Reme Remedios e as xoves promesas Clara Quiroga e Alba Aizpuru. 

A edición do 2021 consolidou a Marco, sendo quizais a que máis artistas reuniu: Carina Rodríguez, Emma Traba, Conde y Torino, Xelo de Tremiñá, Alba Aizpuru, Lito Alba e Roberto Álvarez.

David Esmerodes organizador xunto a Amancio Díaz da mostra de arte Marco Petín, falo en +D1 Valdeorras con Alicia Blanco da historia e da esencia do evento cultural que cumpre cinco anos:

En canto aos artistas desta edición amosámosbos o que contaron nas entrevistas feitas previas á mostra. A primeira de elas, Pedro Álvarez de Orde Caos e da edición do 2022 xa que non puidemos contactar con el.

ntra