viernes. 06.06.2025

«Queremos darlles un espazo aos artistas e así acercar a arte a xente»

David Esmerodes, un dos organizadores da Marco Petín, convida a visitar esta nova edición da mostra
P_somoscomarca_240315_obarco_davidesmerodes

A Marco Petín cumpre cinco anos. Dende o 23 ao 25 de agosto poderase desfrutar de obras creadas por veciños da comarca, aínda que, haberá sorpresas nesta nova edición. 

A inauguración será nas rúas do casco vello do municipio ás 21:00. O resto de días poderase desfrutar da exposición dende as 20:00. «Recomendo facer unha primeira visita con luz natural e outra coa artificial», recomenda David Esmerodes, un dos organizadores deste particular museo. 

Dende a organización decidiron darlle un toque diferente a Marco Petín, por esta razón, hai dúas sorpresas. «Unha delas é recordar a artistas como Yosso e José Luís Prieto, "Lilí"». Outra das novidades é a exposición de Piquico con Manoli Vicente, «é a primeira vez que ven alguén de fóra da comarca». 

A importancia destas actividades

«No rural é complicado facer algo artístico, polo menos me parece a min», explica Esmerodes. Con este motivo «queremos darlles un espazo aos artistas para compartir protagonismo e acercar a arte a xente». 

Dende o seu posto de organizador, David, anima a toda a comarca a acudir a esta exposición ao aire libre. Dando as «grazas ao Concello de Petín, público e a todos os artistas» por facer posible este tipo de iniciativas. 

A entrevista completa, poden escoitala na seguinte ligazón (destacar que foi gravada antes do cambio de programación):

«Queremos darlles un espazo aos artistas e así acercar a arte a xente»