martes. 03.06.2025

Manoli Vicente porá voz á exposición de Piquico na Marco Petín

Petín volverá a converterse nun particular museo ao aire libre dende o 23 até o 25 de agosto con obras de seis artistas
somoscomarca_2408021_piquico361

A Marco Petín xa comenzou a súa conta atrás. As rúas históricas do casco vello do municipio volveranse converter nun particular museo do 23 ao 25 de agosto. Un total de seis artistas exporán as súas obras.

Un deles será Ángel Manuel Rodríguez, Piquico, quen estará con Manoli Vicente. Ela é a autora dun conxunto de nove poemas que acompaña as creacións do artista. 

WhatsApp Image 2024-08-20 at 13.44.03 (1)
Piquico e Manoli Vicente 

Ambos coñécense de toda a vida, xa que son veciños en Viana do Bolo. Nunha visita de Manoli a exposición do autor «ocorréuseme escribir algo». Ao principio non sabía por onde orientar as súas palabras, pero ao final decidiu «facer un micro poema por imaxe, unido nun final», explica Manoli.

somoscomarca_2408021_piquico359

«A min gústame o entroido», este é o principal aliciente dos cadros que vai amosar Piquico nesta nova edición da Marco Petín. «Como sigo sendo un neno pequeno» continúa con esa paixón polos boteiros e todos os elementos de esta festividade tan arraigada no municipio vianés. 

Poden escoitar a entrevista completa no seguinte ligazón:

Manoli Vicente porá voz á exposición de Piquico na Marco Petín