lunes. 09.06.2025

O PP presenta os seus candidatos á alcaldía en Larouco e Petín

Patricia Lamela Rodríguez (Larouco 1980) será a candidata do PP de cara ás próximas eleccións municipais, tomando así o relevo de Joaquín Bautista Prieto, que logo de dúas décadas á fronte do goberno municipal, decidiu que “xa era hora de dar paso a xente máis nova”. Un xesto que o presidente provincial, Manuel Baltar, cualificou de xeneroso “no máis amplo termo da expresión, posto que tamén estará na lista popular para aportar a súa experiencia”.

Patricia Lamela, técnica de auxiliar de enfermaría e odontoloxía, traballando na actualidade na residencia de maiores de Larouco, xa formou parte do grupo municipal de goberno en dous mandatos anteriores “polo que podo aportar a miña aprendizaxe no ámbito local, aínda que o máis importante é que non vou estar soa porque estou rodeada de xente con moitas ideas”.

Sorprendida polo seu nomeamento, a candidata afirma sentirse “moi ilusionada, con ganas de traballar, como o meu equipo, que inclúe moita xente moza deseosa de facer cousas”. Entre elas, sinala Lamela, “loitar por un concello rural evitando que a xente marche, dándolle a oportunidade de que se queden grazas a todas as iniciativas que podamos levar a cabo”.

“Estou moi agradecida a Joaquín Prieto por pensar en min para esta nova etapa e, por suposto, ao presidente provincial por ofrecerme esta oportunidade”, engadiu Patricia Lamela. A mesma gratitude que expresou o actual rexedor, “polo apoio que nestes 22 anos tiven por parte do meu partido”. Prieto comprometeuse a seguir traballando “polo meu municipio, aportando toda a miña experiencia e formando parte da lista do PP”.

Pola súa banda, Manuel Baltar non só recoñeceu “o labor desenvolvido polo rexedor neste tempo, senón tamén a súa capacidade política para propoñer como candidata a unha persoa que ten clara a filosofía de traballo do noso partido, que non é outra que equipo, ilusión e esforzo”.

En Petín, Carlos Goñi será o cabeza de lista 

La candidatura del PP en Petín para las elecciones municipales 2019 será encabezada por Carlos Goñi Garrido (Pamplona, 1965), vinculado con el sector de la construcción y afincado en el concello por cuestiones familiares y laborales. A este respecto, afirmó que, como "galego de adopción", tiene ganas de trabajar "polo lugar onde resido e teño a miña vida", según apuntaron fuentes populares.

El candidato a la alcaldía petinesa afirmó "ter a ilusión e as ganas suficientes para mover un concello no que as miñas prioridades son as persoas, pero de xeito especial, os maiores e os mozos". Finalizó agradeciendo la confianza que en él depositó el portavoz del PP en Petín, Manuel de la Fuente Díaz.

Manuel Baltar dijo que "a renovación de candidatos que estamos a impulsar desde o partido ten, como premisa fundamental, contar con xente que conecte cos seus veciños, que mire ás persoas como o principal valor do seu concello e que teña capacidade de traballo para transformar o municipio".

Además, valoró positivamente el paso que dio Carlos Goñi, "pois demostra que o compromiso coa terra e as súas xentes non ven dado só polo lugar de nacemento, senón polo compromiso co territorio".

O PP presenta os seus candidatos á alcaldía en Larouco e Petín