lunes. 02.06.2025

Manuel Isorna, psicólogo: «Probablemente hoxe en España se suicide un adolescente»

O doutor en Psicoloxía e experto en condutas aditivas, estará este martes, 12 de marzo, no Teatro Lauro Olmo coa conferencia: "Fillos adolescentes: pais confundidos"

 

somoscomarca_obarco_vagalume_xornadasfamiliaescola_manuelisorna (7)
Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e experto en condutas aditivas

É unha realidade que educar a un adolescente nunca foi unha tarefa fácil. Nos últimos anos, xeráronse novos desafíos que descolocaron, aínda máis, a moitos pais. O uso do teléfono móbil, os videoxogos, as redes sociais e o inicio, cada vez máis temperán, no consumo de drogas son algúns dos factores que entran en xogo e complican aínda máis este proceso educativo. 

Manuel Isorna Folgar, doutor en Psicoloxía e experto en condutas aditivas, tratará estes temas o 12 de marzo no Teatro Lauro Olmo coa súa conferencia: "Fillos adolescentes: pais confundidos".

—Como vai ser este día no Teatro Lauro Olmo?

—Esperemos que poidan acudir moitos pais e moitas nais e, se pode ser, algún adolescente. O que vamos abordar, dende o punto de vista neurolóxico, e o que pasa no cerebro dun adolescente. Sobre todo para porque teñen eses cambios tan bruscos. Tamén falaremos en como se traduce iso na maneira de interpretar o mundo. Temos que entender para poder comprender. 

Teremos unha segunda parte que sería: "Os pais e as nais como educamos?". Realmente, seguimos optando por ese estilo educativo ou cambiamos. A terceira parte xa será un pouco para saber o que podemos facer. Principalmente, saber que está pasando, principalmente, cas condutas aditivas, con e sen sustancia.

Falaremos un pouco de como a industria sigue intentando feles o consumo de tabaco, de alcohol e agora, tamén, o cannabis. E, por outro lado, todo o relacionado cas adicións sen sustancia, principalmente, relacionado cas pantallas. 

—Comentaba que o cerebro vai cambiando no adolescente. Non sei se nos podería dar algunha pincelada de como é ese cambio.

—O que sabemos hoxe e que o cerebro a partir dos, depende do nivel de maduración, 12 ou 13 anos, prodúcese un cambio estrutural, o cerebro aumenta no seu volume. Desenrolase unha serie de estruturas, concretamente, do sistema límbico que é o que lle da máis desa parte de desenrolo socio-afectivo. 

A codia pre frontal é a que controlará ese sistema. Entre as súas funcións están dende o autocontrol, o control de impulso, a planificación, toma de decisión, sentido da ética e do moral ou a vergoña. E non se acaba de desenrolar ata os 22 ou 25 anos. 

En ese período de tempo que vai dende os 13 ou 14 ata os 22, que é practicamente unha década, aínda que teñen un corpo de adulto é un cerebro dun adolescente e que, en moitas ocasións, non damos entendido. 

—Considera que as redes sociais, agora, están facendo un dano nos adolescentes? 

—Os datos que vamos mostrar son demoledores. Cada vez que un influencer aparece cun determinado produto, entre un 10 % ou un 30 % de seguidores va a intentar copialos. 

Unha cousa que vamos falar moito cos pais e que aínda que nos busquemos a información, é o revés, a información búscanos. Non hai máis que ver que comezamos a falar diante do móbil de determinada cuestión e xa nos aparece publicidade.

Entón, isto vámolo ver alí, estamos subestimando o poder das redes sociais e das pantallas. De feito, cando falamos cos pais pensan que por estar o neno na habitación están a salvo, pero nada máis lonxe da realidade. 

Dende as 12 da noite os datos das condutas de resgo que cometen os adolescentes, son demoledores. Unhas das cousas que vamos deixar claras é que non deben levar o móbil para a habitación, baixo ningún concepto. 

—Dalle importancia os pais, deberían ter outro método educativo?

—Os pais teñen que ter formación. En outros países a ensinanza é obrigatoria. Iso de que deixo o neno no colexio e volvo recollelo ás tres, é un fracaso total. Entón, noutros lugares polo que se opta é porque os pais vaian una vez o mes, aproximadamente, a recibir charlas formativas para intentar que se sexa complementario entre ambos. 

—Na actualidade, a saúde mental é un tema preocupante entre os adolescentes?

—Mira se é preocupante que, probablemente, hoxe en España se suicide un adolescente na plenitude da súa vida. Nunca na historia nos había pasado isto. Tamén hai unha cousa moi importante, a xente cre que por falar de saúde mental se remata co problema. 

Si se cre que por poñer máis psiquiatras, significa que non estamos indo a causa do problema. Si alguén ten que recorrer a un tratamento psiquiátrico ou psicolóxico, quere dicir que xa chegamos tarde. Entón, hai que saber o que se está facendo mal a nivel escolar e familiar para que teñamos uns adolescentes e uns nenos enfermos que logo teñen que recorrer a terapia. 

Manuel Isorna, psicólogo: «Probablemente hoxe en España se suicide un adolescente»