
En función da renta as axudas serán de 95, 85 ou 75 euros por menor
O Concello do Barco disporá de bolsas para a compra de libros e material escolar do 2º ciclo de Educación Infantil para o vindeiro curso 2021/22. Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario destinadas ao alumnado empadroado ou escolarizados nalgún dos cursos desta etapa educativa.
Esta engloba os cursos de 3, 4 e 5 anos de idade. A fianlidade das axudas é contribuír a igualdade do dereito a educación, velando pola equidade no sistema educativo sostido con fondos públicos e colaborar cas familias que teñen máis dificultades.
Terán a condición de beneficiarios das bolsas os/as alumnos/as que cumpran os seguintes requisitos xerais:
- Que o alumno/s ou alumna/s estea matriculado nun centro
docente do concello do Barco de Valdeorras no segundo ciclo de
educación infantil (3,4,5 anos) para o curso 2021-2022. - Que tanto os/as alumnos/as como ambos os proxenitores ou
representantes legais estean empadroados/as e teñan residencia efectiva no Concello do Barco de Valdeorras, no curso 2021-
2022 e no momento de formalizar a solicitude, así como convivir cos menores de idade no curso para o que se solicita a axuda.
No caso de separación ou divorcio só será o empadroamento do que teña a custodia do menor/es e estes. No suposto da custodia compartida, será necesario o empadroamento no concello dun dos proxenitores.
De non cumprirse este requisito, deberá acreditarse situación extraordinaria por razóns de necesidade con informe social emitido polos Servizos sociais do Concello do Barco de Valdeorras. - Que a renda familiar sexa inferior a 18.000 euros anuais/netos ou se supera esa cantidade que non exceda a RPC da unidade familiar os 4.030 euros.
- Declaración de non ter recibidas nin ter solicitadas outras axudas polo mesmo concepto.
Todos os requisitos deben cumprirse desde a data de entrega da solicitude ata o final do procedemento. Pola natureza das bolsas e a especificidade do colectivo ao cal se dirixen, para obter a condición de beneficiario non se ten que acreditar o cumprimento dos requisitos que establece o artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Poden solicitar as axudas para libros de texto e material escolar os pais, as nais, os titores legais ou as persoas encargadas temporalmente ou definitivamente da garda das persoas beneficiarias.
O crédito destinado á financiación destas axudas ascende a 4.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 2021 do vixente orzamento do Concello do Barco de Valdeorras.
A contía máxima destas axudas será de 95 €, 85 € ou 75 € por menor, segundo os ingresos da unidade familiar expostos neste punto. En calquera caso, a axuda total concedida non excederá de 300 euros por cada unidade familiar. En ningún caso o importe da axuda outorgada poderá ser superior ao gasto total do custo dos libros de texto e material escolar do centro matriculado.
Rango de ingresos: Contía do bono 0 € a 10.000 €/ano: 95 €; entre 10.001 €/ ata 14.000 €/ano: 85 €; entre 14.001 € e 18000 €/ano ou renda per cápita (RPC) inferior a 4.030 €.: 75€.
O importe final da bolsa pode variar en función dos créditos dispoñibles, do número de solicitudes, etc. No suposto de que o importe conxunto das subvencións outorgadas sexa superior ao importe máximo establecido para o conxunto das axudas (4.000 €), procederase á redución proporcional da contía destas.