Hoxe xoves 6 de xuño celébrase pleno ordinario no Barco de Valdeorras. A dita sesión van 13 puntos na orde do día, entre os que se atopa un dos temas máis preocupantes, polémicos e necesarios na actualidade do municipio: a cobertura de prazas de pediatría de atención primaria.
Foi no pleno do pasado mes de maio onde dúas nais, Sandra Méndez e Aurora Rodríguez —en representación da Asociación— levaron unha proposta escrita para «visibilizar a necesidade da cobertura» das referidas prazas. Agora, neste mes de xuño, lévase a proposta «de declaración institucional conjunta por los tres partidos políticos para urgir a la Xunta de Galicia a que se cubra esa plaza», segundo explicaba a este medio o alcalde, Alfredo García.
Refería precisamente o rexedor que «ahora mismo no es algo grave porque todavía hay uno, pero se va a jubilar. Si esto no se resuelve con tiempo suficiente, el día que se jubile vamos a tener un problema gravísimo en un municipio como O Barco, donde tenemos muchos niños».
Entre as peticións do colectivo de pais afectados —representados no pleno de maio por dúas mulleres e a filla dunha delas— está «non usar esta causa como arma política; a contribución coa recollida de sinaturas por parte dos grupos políticos e facelas chegar ao máis alto nivel necesario; ou que o Concello dea apoio loxístico ás persoas que conforman este movemento». Mensaxe tamén para os medios de comunicación, para «o apoio e respaldo público».
Recoñecemento nese documento para «os esforzos realizados desde a Xerencia de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que conseguiron o apoio neste servizo do FEA Pediatría, desprazados desde Atención Especializada e Médicos de Atención Primaria con diploma en Puericultura». O obxectivo último desta proposta é «establecer unha unión entre os concellos que conforman o Distrito Sanitario para obter a asistencia necesaria».
Ademais da lectura da proposta levaron á sesión plenaria un prego con todas as sinaturas recollidas «que pasan neste momento das 3.000» e ás que se lle sumaron as dalgúns concelleiros unha vez rematado o pleno.
Precisamente na última das propostas levadas a pleno pola Asociación declárase a intención de que «este comunicado sexa a base dunha Moción Conxunta que se leve a Pleno e sexa aprobada por unanimdade». Na sesión de hoxe cumplirase o compromiso emitido polo alcalde, Alfredo García, de cumprir esta petición.