miércoles. 02.07.2025

Cerca de 150 deportistas do ORI celebraron o final da tempada no Barco

Xan Trigo: « Esta é a proba de festa , un pouco para convivir e divertirse aínda que tamén sexa unha proba competitiva

Na mañá deste sábado 27 de novembro celebrouse no Barco o Campionato Galego de Remudas Mixtas. Unha proba que «vale para conmemorar o final da tempada da orientación» e na que participaron clubs de toda Galicia.

É unha carreira semi-urbana, que se correu polas rúas do Barco pero tamén pola zona axardinada do Salgueiral, na outra beira do río Sil. «Corren en equipos de 3 persoas mixtos. É unha proba moi rápida, nun terreo chairo que hoxe pode estar un pouco esbaladizo pola zona de céspede. Teñen que ter coidado», explicou Xan Trigo antes do comezo da proba.

campeonato gallego relevos orientacion (10)

Consiste en buscar unha serie de balizas no terreo que estarán marcadas nun mapa que se lle entrega aos corredores. Primeiro sae un dos membros do equipo e fai o percorrido, son aproximadamente na categoría sénior, na máis difícil. Cando remate entrégalle o mapa ao segundo corredor ou corredora do seu equipo e así ata finalizar o terceiro», indicou Trigo.

campeonato gallego relevos orientacion (20)

Con esta proba ponse fin a unha tempana na que se volveu á normalidade e por elo houbo gran número de competicións sen ir máis lonxe esta fin de semana celebrábase unha en Portugal, o que fixo que moitos orientadores e orientadoras non acudiran a cita valdeorresa. Así o explicaba Xan: «Digamos que é a proba de despedida hai  corredores galegos que non poden estar aquí porque están competindo en un campionato ibérico en Portugal. Hai tantas probas no calendario a nivel peninsular que a veces é difícil».

campeonato gallego relevos orientacion (36)

«Esta é a proba de festa , un pouco para convivir , divertirse —aínda que tamén sexa unha proba competitiva—», apuntaba.

Ademais da competición houbo unha categorías de iniciación  para non federados na que se podía participar para «probar». «Este deporte é moi divertido. Coma unha búsqueda do tesouro».

campeonato gallego relevos orientacion (3)

Xan agradeceu no nome do Club Peña Trevinca, organizador da proba, a súa implicación con este deporte desde sempre. «Moitas gracias ao Barco unha vez máis , este é un concello pioneiro na provincia deste bonito deporte que naceu en Suecia hai máis de 100 anos e que nos leva dando moitas alegrías a Valdeorras».

campeonato gallego relevos orientacion (30)

O organizador tamén falou sobre o uso da brúxula nos seguintes termos. «Non é obrigatorio pero neste deporte, soles usar brúxulas analóxicas de toda a vida , de agulla apuntando para o norte. Nunha proba urbana non é tan necesario como se fora no monte pero hai moitos corredores que prefiren levala tamén, por si nalgún momento dado teñen un pequeno despiste».

Novo mapa  en homenaxe a Luís Ramos

Pablo Aller «gran impulsor deste deporte na comarca de Valdeorras» ven de actualizar o mapa de ORI do Barco e «colle un pouco máis de terreo» e segundo informou Xan púxolle o nome de ‘O Carteiro’ , en honra do finado Luís Ramos xa que cando foi concelleiro do Barco traballou para que este deporte fose para adiante.

campeonato gallego relevos orientacion (13)
Pablo Aller en un momento de la prueba

«Luís Ramos  hai más de 20 anos que nos axudou a tirar deste deporte en Valdeorras. Sen a aposta decidida do concello tería sido imposible», subliñou Xan.

Cerca de 150 deportistas do ORI celebraron o final da tempada no Barco