sábado. 07.06.2025

O Barco invirte 400.000 euros no asfaltado das rúas do núcleo urbano e estradas do concello

Unha empresa local foi a adxudicataria da obra que se realizará en dous proxectos diferentes

Resolta a adxudicación de obras de asfaltado de rúas e estradas no concello do barco de Valdeorras, cun orzamento de 400.000 euros para obras de melloras de firme en 10 rúas, ubicadas no núcleo urbano e 3 estradas de 5 parroquias do concello

As obras de asfaltado estarán realizadas pola empresa local Acoval, según decidiu na mañá  do 27 de xullo a mesa de contratación, reunida para estudar as ofertas recibidas e tomar una decisión sobre a adxudicación. 

O custo das obras é de algo máis de 400.000 euros. Esta cantidade asígnase a dous proxectos direntes que teñen en común o arranxo do firme de varias rúas, tanto no casco urbano do Barco como en estradas de parroquias do concello.

O primeiro, cunha base de licitación de case que 216.000 euros, é o de renovación do firme de dez rúas no casco urbano do Barco. Trátase das rúas Galir, Río Miño, Mariñán, Ourense, A Rampa, Ramón y Cajal, Estación, Eloy Rodríguez Barrios, Cantón e José Otero. Este proxecto ten un prazo de execución de catro meses, contados a partir do día seguinte á firma da acta de replanteo.

O segundo proxecto é o de renovación do firme da estrada entre Vilanova e Forcadela, da estrada de Vales a Cesures, e de rúa en Xagoaza. O prezo de licitación deste proxecto é de 185.700 euros, e o prazo de execución de tres meses.

O Barco invirte 400.000 euros no asfaltado das rúas do núcleo urbano e estradas do...