viernes. 24.03.2023
Portada

Un mes máis en Somos Comarca falamos co historiador Antonio Castro Voces para coñecer, nesta ocasión e de primeira man, unhas pinceladas da vida dun ilustre da nosa comarca, Telesforo Ojea y Somoza.

Somos Comarca: ¿Quén foi este personaxe?

Antonio Castro Voces: Telesforo Ojea y Somoza naceu en Lama de Rei, Cervantes, provincia de Lugo, pero dende moi pequeno viviu na Casa Grande de Fontei, en A Rúa. Alí foi onde comezou os seus primeiros estudios, continuando posteriormente no colexio dos Jesuitas en Monforte de Lemos. Mais tarde, marchará a estudiar fora, concretamente á Universidade de Granada, onde acada o título de licenciado en Dereito Civil e Canónigo.

Pasado o tempo, no ano 1883, trasládase a Madrid e entra en contacto co grupo de Francisco Pi y Margall co que colabora moi estreitamente. Por aquelas datas, é nomeado director do periódico La República cargo que exerceu dende o 1883 ao 1885 e do que foi cesado por ofensas ao goberno do momento.

SC: ¿En qué facetas da súa vida laboral destacou?

ACV: Tivo unha activísima actividade política, e escribiu varios libros, entre eles, El Parlamentarismo e Los derechos individuales ¿son legislables?  No primeiro libro fala  da súa ideoloxía política, defínese coma un demócrata e polo tanto republicano. Cree firmemente nas ideas que propugnaba Montesquieu: para que haxa unha verdadeira democracia ten que haber separación de poderes, lexisaltivo, executivo e xudicial.

Tamén participou activamente na organización ou refundación do partido Republicano Federal. Estivo na segunda asamblea que se celebrou en Zaragoza no Teatro Novedades onde se encarga do relato referente á nova Constitución que se propón.

Representando á provincia de Lugo e Ourense participa nun programa de goberno coa pretensión de levalo a cabo cando a República volvese a gobernar. Este programa pon a atención en temas sociais coma por exemplo, a formación dos obreiros reducíndolles a xornada laboral, a prohibición de que traballen os menores de 12 anos e as mulleres que estén criando os seus fillos, normas severas para a maior seguridade e hixiene no traballo, facilidades para a construcción de vivendas a baixo precio para os traballadores, etc. Unha serie de iniciativas que se recollen no ideario de este partido.

SC: Teño entendido que tivo unha curta vida…

ACV: Así é. Desgraciadamente, Telesforo non chegaría a ver plasmado o seu plan de traballo posto que a II República tardará 50 anos máis en chegar e él falece no 1890 aos 32 anos de idade. A súa morte, como consecuencia dunha neumonía, foi moi sentida por toda a prensa nacional.

Francisco Pi y Margall non puido asistir ao enterro en A Rúa pero mandou un telegrama no que dicía que a súa norte supuxera unha gran pérdida tanto para a patria como para a propia República. Cando tivo oportunidade, dous anos máis tarde, no 1892, fíxolle unha visita ao cemiterio de A Rúa, cando se inaugurou un mausoleo na súa honra. Desgraciadamente na década dos 40 foi destruido froito da incuria e da rabia dalgúns que non entedían as súas ideas e non foron respetuosos coa súa forma de pensar.

SC: Foi, sen dúbida, un personaxe destacado ha historia da comarca…

ACV: Foi un personaxe moi destacado na historia desta comarca, a figura máis preclara da política en Valdeorras. E todas as súas iniciativas foron moi ben aceptadas. Para quen esté interesado en profundizar na súa historia o IEV publicou fai uns anos un libro obra de Isidro García Tato, que se titula Telesforo Ojea y Somoza, un republicano federal.

Castro Voces: "Telesforo foi a figura máis destacada da política valdeorresa"