viernes. 29.03.2024

Un mes máis Somos Comarca fala con Antonio Castro Voces e nesta ocasión, o historiador consagrado cóntanos o traballo dos segadores galegos en terras de Castela. Repartíanse os avezados valdeorreses traballadores do campo en diferentes zonas; Castilla La Vieja, «á que máis acudían a pesar de que a comida era moi monótona, e que engloba Ávila, Segovia, Palencia, Valladolid». Despóis estaba «a zona da Rioja, que recollía tamén Navarra e toda a zona do norte, onde ían máis contentos pola variedade de comida e a disposición de viño». E por último, dúas zonas máis, unha «da maragatería, Astorga e Laciana, e outra zona do Bierzo e O Bolo, que eran máis próximas».

Ata o ano 1873, se sabe que ían andando acompañados dalgún animal, burro ou cabalo quen o tiña, para poder transportar os equipaxes. A partires dese ano chegaba o ferrocarril, aunque moitos «viaxaban no teito do vagón para non pargar o billete cun diñeiro que lles costara moito esforzo. Coa chegada do 1950, chegaría tamén a emigración a outros países e a mecanización do campo castelán; ambas cousas rematarían con periodo das segas.

Se queres escoitar a estrevista completa, só tes que darlle ao click:

Castro Voces: «Ós segadores valdeorreses ían máis á Rioja porque tiñan disposición de...