viernes. 19.08.2022

A sarriana Xela Arias foi a elexida no ano 2021 para conmemorar esta data tan importante para os galegos

Como cada 17 de maio celébrase o Día das Letras, esto supón a data de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria, homenaxeando a aquelas personas que destacasen pola súa creación literaria ou defensa do idioma galego non sendo obrigatorio ser nativo da comunidade, non sendo o caso de Xela Arias, a homenaxeada deste 2021. A única condición para formar parte dun cadro formado por xente da talla de Rosalía de Castro, Castelao, Álvaro Cunqueiro ou Antón Avilés de Taramancos, é o de finar hai máis de 10 anos.

Este ano adícaselle esta data conmemorativa a unha muller. Apenas cinco, das moitas das nosas literatas, tiveron dende o 1963 a honra de pertencer o selecto grupo de artistas homenaxeados.

No 2021, outro ano de pandemia temos que falar de Xela Arias que naceu en Lugo co nome de María de los Ángeles. No 1984 pasou a ser María dos Anxos e no 1995 Xela Arias tras a pertinente autorización dun xuíz. A poeta de Sarria, tal e como ela afirmou entrou a formar parte da Editorial Xerais no 1979 tras abandonar os estudos en COU.

Alí realizou traballos de oficinista, creación, investigación, correctora de estilo e editora. Mentres tamén voltou aos estudos e fixo a carreira de Filología Hispánica especializándose no galego-portugués.

No ano 1999 comenzou a exercer como mestra na ensinanza secundaria na materia de lengua y literatura castellana en centros de: Santa Comba, Moaña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo entre outros. No 2003 un ataque cardíaco acabou ca súa vida e todos os seus proxectos literarios.

Arias iniciouse como literata periódicos de España e Portugal nos anos 80. A traxectoria da sarriana levouna a escribir diferentes poemarios e ata a composición de letras musicais como foi no 1991 cando colaborou co grupo vigués "Desertores". Tamén dedicouse a traducción ao galego de escritores coma Miguel de Cervantes ou Ángela Cartes.

Pero o 17 de maio ten moito máis, xa que é unha data para destacar un idioma que, por exemplo ten 100 maneiras diferentes de nomear a chuvia ou palabras como “camándula” que pese a parecer un insulto significa: “Rosario, xeralmente formado por tres conxuntos de doas agrupadas de dez en dez e separadas por unha que vai soa, hipócrita, ou persona que non traballa ou non lle gusta traballar“.

Neste día tamén celébranse todas as variantes -englobadas en 3 áreas diferentes- que ten o idioma, por exemplo nunha palabra tan común como “cuartos”, que ten diferentes significados en función de onde sexa pronunciada. Cara a costa significa “habitacións” e na comarca de Valdeorras relaciónase co diñeiro.

Sería complicado tamén non recordar verbas como "Afouteza", "Axouxere" ou "Carantoña".

Na escola, as semanas previas a esta data parte das actividades céntranse na personaxe escollida ese ano. Tamén son días de moitas consultas no “Pequeno Diccionario Xerais da Lingua”, no que os seus autores pensaron nunha palabra moi galega a hora de facelo como é a retranca, segundo a Real Academia Galega significa: “Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha graza intencionada no que se di” e tanto, porque ese “pequeno” contén 31.500 definicións que amosan parte da riqueza do galego.

Outra peza importante é a nosa cultura, que abarca dende ás obras de teatro producidas por Gargallada por exemplo, a música versionada por Son do Sil, ou xa falando do séptimo arte filmes como Sempre Sonxa ou Cuñados, a película pioneira no noso idioma que tamén se escoita nas veciñas comarcas do Bierzo, Sanabria e ata Asturias, con diferenzas en función das zonas.

Esto é unha pequena parte do que se celebra, por desgraza este 17 de maio non haberá na comarca ás celebracións habituais que incluían o maratón de lectura impulsado por Vagalume, polo menos como o coñecíamos, as camisetas decoradas expresamente para esta data penduradas no Paseo do Malecón do Barco ou todos os diferentes actos que no 2022 se as vacinacións van correctamente deberán voltar a vida dos galegos.

Iso sí, por sorte e a diferenza do 2020 haberá actuacións teatrais ou musicais en lugares como O Barco ou A Rúa.

Pese aos intentos, o recoñecemento a Xela Arias, quizás non se vexa reflectido da maneira dos seus antecesores, nun momento no que se pide “cabeciña” ou “sentidiño” polas circunstancias que vivimos tras máis dun ano, apelando diariamente ao “Maloserá” para que a pandemia remate dunha vez por todas.

Xela Arias protagoniza outro Día das Letras Galegas atípico