jueves. 26.06.2025

«Todo o que sexa recuperar os nosos cánticos é importante»

San Xoán de Río acollerá este sábado a tercera edición do Verán de Seitura, evento para promocionar a cultura e tradicións da zona

A Praza da Igualdade de San Xóan de Río acollerá este sábado a partir das 20 horas a terceira edición do "Verán de Seitura". Neste evento realizaránse unha serie de actos relacionados ca memoria histórica da cultura da zona.

Estos actos están organizados naceron fai 3 anos en Manzaneda tras a recollida por parte de Xose Lois Foxo -organizador do evento- dos cantares da Seitura. Este ano contaráse ca conferencia de Fernando Molpeceres, especialista chegado dende Madrid que recordará a historia do folklore e a cultura da bisbarra.

Foxo subliñou que si ben este ano non se pudo facer en Manzaneda, faráse en San Xoán de Río tras a iniciativa do alcalde da localidade: «Todo o que sexa recuperar os nosos cánticos é importante manter a nosa memoria, a das costumes e aquelo que nos identifica como país».

No programa tamén estarán as actuacións do músico do Courel Manuel Pérez Silvelo, quen tocará o Corno Celta, así mesmo Digna de Vilanova e Fiuca de San Fiz interpretarán varios cantares do libro "Cantares de Seitura de Manzaneda e Terras de Trives", mentres que unha veciña de Lentellais interpretará unha copla que realizou no confinamento.

A Real Banda de Gaitas da Deputación acudirá ao evento para interpretar un cántico composto por Xose Lois Foxo durante o confinamento chamado "Cantar da Primavera" e que está inspirado en composicións medievais.

Por último o organizador do evento espera que a xente garde todas as medidas de seguridade xa que os actos serán de carácter reducido, por mor das circunstancias actuais.

Se queres escoitar todo o que comentou Xose Luis Foxo, podes facelo na seguinte ligazón:

«Todo o que sexa recuperar os nosos cánticos é importante»