lunes. 23.06.2025

Suspéndese o Entroido de Verán en A Pobra de Trives

Entre os motivos están os efectos da pandemia polo COVID-19 e o non ter medios para evitar aglomeracións de persoas

Os veciños e visitantes do Concello da Pobra de Trives non poderán desfrutar neste 2020 do xa tradicional Entroido de Verán realizado por a Asociación Cultural A Caniceira da localidade, que alega diversos motivos para a cancelación do evento.

Un dos principais motivos para a suspensión e o descoñecemento polo camiño que vai coller a pandemia do COVID-19, se haberá rebrotes ou non, ademáis o non poder coñecer as condicións que se impoñan para celebrar actividades ao aire libre e o non ter medios para evitar aglomeracións de persoas.

Así mesmo dende a asociación non queren organizar actividades onde non poda desfrutar todo o mundo por ter límites de aforo, así mesmo destacan que a situación económica dos comercios e a hostelería non é a mellor para pedir a súa colaboración: «Ante todas estas incertidumes vémonos obrigados a suspender este ano o Entroido de verán. Dende a Asociación Cultural a Caniceira pedímosvos que fagades un esforzo por paliar está situación mercando no comecio local, e consumindo na hostelería local. Gracias por estardes aí e apoiarnos cada ano: Os comecios, os bares, e os veciños. Para o ano virán outros tempos, e mellores».

Suspéndese o Entroido de Verán en A Pobra de Trives