viernes. 29.03.2024

Dende o 17 de maio de 1963 adícase o Día das Letras Galegas a unha personaxe que impulsara a lingua galega durante a súa vida

Qué se celebra o Día das Letras Galegas?. Esa é a pregunta que moitos fanse neste 17 de maio, e máis nun ano atípico onde as celebracións foron adiadas ata o 31 de outubro coincidindo co Samaín.

O Día das Letras é a data de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria, homenaxeando a aquelas personas que destacasen pola súa creación literaria ou defensa do idioma galego non sendo obrigatorio ser nativo da comunidade.

Eso ocorre no recente caso de María Victoria Moreno -unha das 4 mulleres ás que se lle adicou o día dende 1963-, nacida nun pobo de Cáceres preto da fronteira con Portugal, ou Alfonso X "O Sabio", toledano pero que se criou en Maceda onde aprendeu un idioma que utilizaría durante o resto da súa vida.

A única condición para formar parte dun cadro formado por xente da talla de Rosalía de Castro, Castelao, Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos ou máis recentemente Lois Pereiro, é haber finado fai máis de 10 anos.

Pero o 17 de maio ten moito máis, xa que é unha data para destacar un idioma que, por exemplo ten 100 maneiras diferentes de nomear a chuvia ou palabras como "camándula" que pese a parecer un insulto significa: "Rosario, xeralmente formado por tres conxuntos de doas agrupadas de dez en dez e separadas por unha que vai soa, hipócrita, ou persona que non traballa ou non lle gusta traballar".

Neste día tamén celébranse todas as variantes -englobadas en 3 áreas diferentes- que ten o idioma, por exemplo nunha palabra tan común como "cuartos", que ten diferentes significados en función de onde sexa pronunciada. Cara a costa significa "habitacións" e na comarca de Valdeorras relaciónase co diñeiro.

Na escola, as semanas previas a esta data parte das actividades céntranse na personaxe escollida ese ano. Tamén son días de moitas consultas no "Pequeno Diccionario Xerais da Lingua", no que os seus autores pensaron nunha palabra moi galega a hora de facelo como é a retranca, segundo a Real Academia Galega significa: "Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha graza intencionada no que se di" e tanto, porque ese "pequeno" contén 31.500 definicións que amosan parte da riqueza do galego

Outra peza importante é a nosa cultura, que abarca dende ás obras de teatro producidas por Gargallada por exemplo, a música versionada por Son do Sil, ou xa falando do séptimo arte filmes como Sempre Sonxa, a película pioneira no noso idioma que tamén se escoita nas veciñas comarcas do Bierzo, Sanabria e ata Asturias, con diferenzas en función das zonas.

Esto é unha pequena parte do que se celebra, por desgraza este 17 de maio non haberá na comarca ás celebracións habituais que incluían o maratón de lectura impulsado por Vagalume, polo menos como o coñecíamos, as camisetas decoradas expresamente para esta data penduradas no Paseo do Malecón do Barco ou todos os diferentes actos que se ían levar a cabo na bisbarra.

Pese aos intentos, o recoñecemento a Ricardo Carvalho Calero, o elexido no 2020, quizás non se vexa reflectido da maneira dos seus antecesores, nun momento no que se pide "cabeciña" ou "sentidiño" polas circunstancias que vivimos apelando ao "Maloserá" para que a pandemia remate dunha vez.

Qué se celebra no Día das Letras Galegas?