
Foi un ano de moita actividade na Asociación Casino do Barco de Valdeorras. Falamos con Pablo Dobao, o presidente, para que faga balance destes 12 meses e, tamén, para que desvele como será este 2024.
Obras no edificio
«Terminamos as obras da segunda planta, do salón de actos e exposicións. Acabamos de tapizalo e de poñer as cortinas», conta Dobao.
Doutra banda, «cambiamos a iluminación das escaleiras, xa que os apliques estaban deteriorados», explica o presidente.
Un ano cheo de actividades
Fixéronse todos os eventos que estaban programados e algún máis que foi saíndo durante o ano. «Fíxose a cea de Reis, o Entroido, a Feira de Abril, Halloween e o Magosto», enumera Dobao.
Pintura, libros e actos solidarios
O Casino abre o ano coa exposición de Sofi Modebadze bautizada "Pintar sen borrar". En total contábase con 17 cadros e distintas técnicas, pero todos moi coloridos. Esta obra estivo exposta durante febreiro.
Durante o mes de xullo as obras do artista Roberto Álvarez encheron as paredes do Casino. Natural da Rúa, Álvarez mostra os cambios da súa traxectoria en lenzos, láminas e cadernos que foi creando ao longo dos últimos 5 anos.
Nas Festas do Cristo, o Concello do Barco proponlle unha colaboración ao Casino. Tratábase dunha exposición de creador do cartel de as festas. Anxo Santomil, inaugurou "Debuxos" o martes 12 de setembro, unha selección de debuxos realizados a plumilla e tinta.
Por último, pero non menos importante, durante o mes de novembro, a artista valdeorresa Patricia Fernández Vázquez presentou "Lapintiparada".
E falando de libros, o Casino cedeu as súas instalacións para a presentación do libro "Nosotras", un libro de vivencias solidario para "Recordar historias".

O Casino do Barco, tras varios anos, recuperou o galardón "Barquense do Ano". Neste acto a Asociación Afem Morea foi a premiada. Por outra banda, o 1 de abril realizouse unha cea na que tamén se entregou o diploma ao Centro de Deportes Barco.
Durante o ano tamén se tiveron actos solidarios. Un deles foi prestar as instalacións á Asociación Española contra o Cáncer (AECC). O que se fixo foi recadar fondos mediante unha Cholotada que tamén contaba con churros e biscoito.
Nesta mesma liña, tamén se fixo unha cea solidaria para a AECC, na que se recadaron fondos.

Convenios co IEV
«En convenio co IEV tivemos varios eventos e presentacións de libros», lembra Dobao.
Realizouse unha homenaxe a "Os Escarbadores", que foron, sen dúbida, os pioneiros no descubrimento do potente patrimonio que ten Valdeorras baixo terra.
Outra das colaboracións que fixeron foi a I Festa do Caldo Ilustrado que tivo lugar o 14 de xaneiro. Nesta ocasión, desde o Casino, aproveitaron para anunciar que se retomaba unha tradición, o "Barquense do ano".

Libros que se presentaron co IEV
Presentouse en febreiro, no Casino, o libro "Caderno de Viana" de Jesús García. Neste exemplar, reflíctense cousas que s houberan perdido de non ser polo escritor que, durante máis de 30 anos, estivo a recoller datos.
No mes de xullo realizáronse dous actos en menos de dous días. O primeiro deles, o 20 de xullo, tivo lugar a proxección da película Ciudad da Selva: fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio. Ao día seguinte desta proxección, rendeuse homenaxe a Gabriel Prada, pretendendo así eloxiar a súa traxectoria profesional.
Santiago Palmeiro tamén estivo presentando o seu libro baseado en feitos reais "Terra sen aire".

Outro dos libros que se presentaron durante este ano foi o de Sara Marianovich, “Envolvida en Sons”. Este acto fíxose no mes de setembro.