jueves. 28.03.2024
noitesdeflorencio_fatimadelgado_arcos (2)
Furafollas súmase á homenaxe a Delgado Gurriarán: «As noites de Florencio»

Vilamartín de Valdeorras continúa de festa co ciclo "As noites de Florencio", con máis actos dentro de programación cultural que busca lembrar a figura de Florencio Delgado Gurriarán que mestura teatro, música, cinema e poesía.

Dentro da programación, esta fin de semana cabe destacar os dous espectáculos a cargo da Agrupación Teatral Furafollas: teatro encontro na taberna e un canto-conto, coa que buscan contar historias pequerrechiñas «que conecten con todos», apuntou Anxo Baranga, director do grupo teatral e un dos precursores á hora de pedir o día das Letras para Florencio. O venres 19 de agosto terá lugar o "teatro encontro con Florencio" a partir das 22:00 horas na Aira dos Bolos, en Córgomo o día seguinte a "taberna canto conto" en sesión vermú, ás 12:30 horas, no mesmo lugar. 

Nunha conversa mantida con Somos Comarca, Baranga desgranou xunto a Cristina de la Torre - quen participa activamente no proyecto «As Letras de Florencio»- a vinculación que mantén esta agrupación con Florencio Delgado escritor que pasou de ser «un gran descoñecido» a un dos referentes para esta agrupación, con representacións dos seus textos. 

Cando plantexaron na terra natal de Gurriarán a posibilidade de interpretar textos a reacción foi moi boa. «Houbo unha reacción impresionante, da que aínda hoxe quedo pasmado, todo o mundo quería subir ao escenario, foi unha pasada. Dende 2001 pensei que esto había que facelo cada ano, creáronse grupos de teatro». De «non coñecer» nada del, Baranga no 99 decidiu poñerse en contacto coa agrupación "e empezamos a mover o tema», conseguindo realizar interpretaciones baseadas nos textos do poeta. 

Trátase dun grupo de teatro afeccionado nado en 1997 no seo da Universitat de Barcelona e radicado na cidade condal, que realiza montaxes en galego e catalán, principalmente, e que xurdiu por iniciativa de Anxo Baranga, o seu director, e persoas vinculadas ao teatro afeccionado e ao activismo cultural galego en Cataluña.

Máis aló do aspecto teatral, o director reivindica que este proxecto vai más aló. «É unha plataforma que busca difundir o galego, lendo textos de galego» e que xurdiu da «necesidade de convertir aquelos grupos nun grupo de teatro», que levasen os textos a rúa e polas «entidades galegas admitindo xente catalana e doutros países». Pola compañía, pasaron persoas de diferentes nacionalidades, «África, Alemaña e doutros países interesada pola cultura galego-portuguesa». 

Máis en xeral, falando dos actos de homenaxe, De la Torre resaltou a aposta á hora de difundir "as Letras de Florencio", en colaboración coas diferentes administracións e da Real Academia Galega, non só no día propio das Letras Galegas senón tamén o resto do ano. Polo momento, Valdeorras xa leva dous meses de programación á que se sumaron outros concellos coma o Barco» para render homenaxe a Delgado Gurriarán. 

De feito, Baranga reivindicou a necesidade de espallar ademáis de sectores clave como a pizarra e o viño outros recursos como pode ser «a poesía». «Ten que haber esa parte poético", dixo Baranga, quen abogou porque isto "sexa o inicio dun proxecto cultural máis ao longo prazo». De la Torre coincide na sorprendente resposta da veciñanza en todos os actos realizados a Gurriarán que permiten conxugar teatro e poesía como forma de potenciar a cultura. 

Furafollas súmase á homenaxe a Delgado Gurriarán: «As noites de Florencio»