domingo. 22.06.2025

A editorial Galaxia reedita a obra de Florencio Delgado Gurriarán

Ademais, a editorial  galega publicará dúas obras que estudan a vida e obra do poeta de Córgomo

O feito de que Florencio Delgado Gurriarán sexa o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas fai ca editorial Galaxia reedite parte da obra do poeta de CórgomoBebedeira, Galicia infinda ou O soño do guieiro son as obras elixidas por Galaxia para volver a reeditarse.

Así o ven de anunciar na súa páxina, onde se subliña: «Para o primeiro trimestre deste ano unha serie de novidades e títulos moi diversos, unha parte deles marcados polo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán». 

A editorial galega, ademais para esta ocasión, afonda no coñecemento do poeta de Córgomo a través dun traballo de Xesús Alonso Montero. Montero achégase á vida de Florencio nun volume que contará, tamén, cunha antoloxía da súa obra.

Galaxia recupera, asemade, o libro de Ricardo GurriaránVida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, publicado en 1999. 

Cabe sinalar que Galaxia, fundada o 25 de xullo de 1950 en Santiago de Compostela, publica só libros en lingua galega.​ Trátase da empresa editorial con máis significado histórico de cantas existen en Galicia. Editou, até o de agora, ao redor de 2800 volumes e ten en catálogo uns 1000 títulos

A editorial Galaxia reedita a obra de Florencio Delgado Gurriarán