
O vindeiro xoves 14 de setembro terá lugar ás 19:00 horas no Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras (Avenida da Estación, 2. O Barco de Valdeorras -Ourense-) o cuarto concerto dedicado á obra de Martín Codax.
Martín Codaxé o homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023, "Día das Artes Galegas 2023 Martín Codax" no que a soprano Beatriz Riobó e o pianista Alejo Amoedo interpretarán as "Cantigas de Martín Codax" na versión de Margarita Viso; "Soedades" de Marcial do Adalid a partir dun texto popular; "As lixeiras anduriñas" de Juan Montes, con texto de Salvador Golpe; "Cantiga" de José Castro Chané, con texto de Curros Enríquez e "Mayo longo" de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro. O acto, así mesmo, contará coa introdución "Martín Codax, a identidade da música galega" a cargo do Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán
O recital, que continuará por diferentes vilas galegas, conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de O Barco de Valdeorras e forma parte dos actos de celebración do "Día das Artes Galegas 2023" dedicado nesta edición á figura de Martín Codax, primeiro autor galego do que se conserva texto e música, presente a través de trazos identitarios do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta.
Con tal motivo, na entrada do Teatro serán expostos paneis explicativos sobre o Pergamiño Vindel, as Cantigas e os compositores do rexurdimento, que servirán de apoio para comprender a importancia de Martín Codax na música popular galega.