sábado. 20.04.2024

O CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín acadou un accésit no Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018. Este premio recoñece e visibiliza a calidade dos traballos de 10 colexios entre un total de 123.000 alumnos, dos 515 centros sostidos con fondos públicos que participaron.

O colexio de Vilamartín que está adscrito a dúas categorías do Plan Proxecta —existen cerca de 50— este ano participou na de «protexe aos animais», cuxa coordinadora foi Paula Arias Rodríguez, mestra de infantil.

Comezaron o Plan Proxecta hai dous anos coa cría de polos baseándose no conto, «El Pollo Pepe» e seguiron coa cría de orugas. Un safari pola sabana no entroido, ou os diferentes animais os que está dedicado o Día da Paz segundo o país, foron outros traballos.  A visita dunha protectora ao colexio co can Trosqui, a viaxe a unha fábrica de queixo en Ferreira de Pantón ou a excursión a Baxeles para ordeñar unha vaca ou montar en burro, foron outras actividades nas que participaron os nenos.

Aínda que levan dous anos traballando na temática, non foi ata 2018 cando presentaron a memoria para solicitar o premio. O colexio de Vilamartín participou na categoría A, que incluía as escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria. O primeiro premio foi para o Barrié de la Maza de Santa Comba, o segundo para Piñeiros de Narón, os terceiros para o Plurilingüe Os Casais de Fene  e o Reina Aragonta de Salceda de Caselas. O accésit concedido pola Consellería de Educación, Universidad y Formación Profesional ao CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras, non tivo gratificación económica pero si  lles serviu para estar moi orgullosos do seu traballo. «Somos un colegio muy pequeñito, con poco más de 30 alumnos, que nos hayan concedido este accésit entre más de 500 colegios participantes de toda Galicia es un orgullo muy grande», asegurou Angeles Trincado Vicente, a súa directora.

O colexio de Vilamartín acada un accésit no Premio Proxecta de Innovación