martes. 23.04.2024

Despois de case dous anos sen actividade, o pasado mes de marzo a Asociación de Mujeres Rurais de Córgomo daban a coñecer a súa nova iniciativa polo ano de Florencio Delgado Gurriarán co embelecemento do pobo para o próximo 17 de maio, coincidindo co pleno extraordinario da RAG.

Enmarcado nun proxecto chamado “Córgomo e Florencio, un pobo e un poeta de viño”, as integrantes acoden cada mércores e sábado para traballar e colocar por todas as rúas botellas, gravados e decoracións florais. Os obxectos contan con debuxos e versos dos poemas do autor.

A parte desta actividade, a asociación ira retomando as que xa tiñan anteriormente e daranlle unha nova vida á antiga escola do pobo, onde realizan actividades como ioga ou o baile.

A Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo decoran a vila en homenaxe a Florencio