sábado. 20.04.2024

O filme «María Solinha» terá unha premier en Petín o vindeiro 1 de agosto, este venres emitiráse en Seadur

«María Solinha» avanza con rumbo firme en todas as súas estreas, poucos van a ser os veciños de vilas pequenas ou medianas da nosa comunidade que quede sen poder ver o longametraxe do director de Castrofolla (Petín) Ignacio Vilar, na gran pantalla, quen dirixiu outras películas de gran éxito como «A Esmorga» ou «Pradolongo».

A súa última estrea trata sobre a historia dunha das grandes descoñecidas para todos os galegos, que foi condenada e queimada por bruxería no século XVII por ter bens e inmobles nunha época de escaseza para a burguesía e a nobreza.

Con esta película Vilar, busca reflexar a violencia que sufrían as mulleres daquelas e tamén a día de hoxe, por elo «María Solinha» está ambientada en dúas épocas: : «A ver se esa película serve como gran de area para acabar con ese dragón que ataca as mulleres».

A rodaxe, en palabras do seu director foi dura, xa que ao ser unha película de época ten un amplio vestiario e localizacións onde foi complicado grabar, pero merece a pena o sacrificio a hora de poder ver todas as súas paisaxes como Cabo Home, Illa de San Simón, Praia de Cesantes, Redondela ou Cangas, localidade natal da personaxe principal desta historia.

Instantánea do filme de «María Solinha». Foto cedida por Ignacio Vilar

Os pobos poderán ver antes cas cidades esta película, esto foi debido ao Covid-19, xa que a estrea estaba programada para o 15 de maio en todas as salas de Galicia e nas grandes cidades de España: «Ocurríusenos o que facíamos antes, estrenamos antes ao aire libre que nas salas. A xente das vilas onde non hai cine asisten antes a estrea que as cidades que si o teñen».

Agora chega o momento de emitir a película en Valdeorras, este 17 de xullo serán os veciños de Seadur os primeiros en ver a longametraxe, o 30 de xullo s tocará a quenda de emitir o filme no Barco, o 1 de agosto faráse a premier en Petín con alfombra vermella e a presenza dos actores, e A Rúa co seu autocine será a seguinte parada o 10 de agosto.

O aforo estará limitado a 200 personas que terán que empregar máscaras para entrar e gardar as distancias de seguridade entre os asistentes.

Vilar pola súa banda decide integrar a comarca nas súas estreas debido ao seu pasado nela: «Vivir a miña infancia e adolescencia en Castrofolla serviu para seguir contando historias no cine. No inverno ao lado da lareira contaban historias que o inspiraron. A gran pantalla ten que ser a nosa lareira para seguir contando historias».

Se queres escoitar todo o que contou Ignacio Vilar sobre a estrea na gran pantalla de «María Solinha», podes facelo na seguinte ligazón:

«A gran pantalla ten que ser a nosa lareira para seguir contando historias»