domingo. 08.06.2025

As primeiras vacinas serán para os colectivos prioritarios

Na primeira fase as vacinas serán para 40.000 personas dos centros de maiores, os seus traballadores máis os sanitarios dos hospitais

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, destacou que Galicia contará cun equipo con máis de 200 profesionais de enfermería para coordinar a campaña do inicio do fin da pandemia cas vacinas da Covid-19. Se ben a Comunidade está á espera de coñecer con exactitude cando se poderá iniciar a campaña, Rueda afirmou que Galicia vai estar preparada para comezar coa vacinación de inmediato.

O obxectivo da Xunta, será o de vacinar nun primeiro estadio a máis de 40.000 cidadáns, ao ser necesarias dúas doses para que a vacina sexa efectiva, subliñando que son menos das que queren, pero agardando a súa vez que vaian chegando máis doses dende o Goberno para atender as demandas da poboación.

“Arredor de 22.000 usuarios das residencias de maiores e de atención a grandes dependentes; uns 17.000 traballadores destes centros sociosanitarios; e uns 3.000 traballadores sanitarios que están en primeira liña”, avanzou, confirmando que ao longo dos vindeiros días, a Consellería de Sanidade dará máis detalles sobre o plan.

Galicia contará cun operativo loxístico para garantir as condicións adecuadas de almacenamento, transporte, temperatura, trazabilidade e seguridade das vacinas covid. Ademais de contar cunha serie de puntos de vacinación e cunha rede segura de transporte monitorizada, con seguimento constante de temperatura e localización.

No tocante ao equipo formado por eses 207 profesionais de enfermería dedicados exclusivamente á vacinación, subliñou que a adscrición a este equipo será voluntaria. E os profesionais procederán do persoal de enfermería con experiencia acreditada en vacinación que, ademais, recibirán unha formación específica para chegar a ser persoal experto na vacina covid.

Por último, cómpre salientar que baixo a coordinación deste equipo estarán: máis de 2.000 efectivos de enfermería de atención primaria, que vacinarán da covid aos pacientes das súas cotas; e preto de 40 efectivos máis dos servizos de enfermería preventiva e unidades de prevención de riscos laborais, que se encargarán da vacinación do persoal de centros hospitalarios.

As primeiras vacinas serán para os colectivos prioritarios