
As oficinas de emprego pechan ao público pero ofrecen aos cidadáns atención telefónica e telemática para os trámites urxentes
A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público.
Dende a administración autonómica non dudan en ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Así, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), adóptanse as seguintes medidas:
-Non será
necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril.
-Se é necesaria a realización de trámites urxentes na demanda, poderán facerse a través da oficina virtual ou vía telefónica, chamando á correspondente oficina correspondente ou no teléfono 012.
- Quedan suspendidas as citas presenciais
de orientación laboral.
-No que se refire ás oficinas de prestacións
do SEPE, poden consultarse as medidas adoptadas en: https://www.sepe.es, entre as que destacan que
non se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a
prestación ou subsidio. É dicir, o dereito á prestación ou subsidio queda
plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
Ademais, habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas
inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
E non se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude
do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
Este acordo do Cecop conleva unicamente o
peche ao público das oficinas do Servizo de Emprego Público de Galicia pero non
a clausura do seu servizo aos usuarios que se seguirá ofrecendo polas vías
telemática e telefónica co obxectivo de manter a actividade e cumprir, á súa
vez, coas recomendacións das autoridades sanitarias. Esta información irase
actualizando no portal: https://emprego.xunta.gal