viernes. 29.03.2024

Nesta véspera da Ponte da Inmaculada, Valdeorras e arredores ferveron de actividade a mesma que se agarda para a xornada de hoxe.

En Vilamartín inaugurábase, no Centro Cultural Santa Lucía, unha exposición a Luis Nogueira, o atleta de San Vicente. Afeccionado á lectura, á escritura, á fotografía e amante da súa terra, da natureza e da xente, a mostra fai un percorrido pola súa vida deportiva e e persoal a través de obxectos , fotografías e manuscritos.

Exposición Luis Nogueira en Vilamartín (4)
Inauguración da exposición de Luis Gudiña

En Arcos ás dez da noite comezaba a obra teatral «A Casa da avoa» interpretada polo  Grupo de Teatro de Arcos que volveu ás representacións teatrais polo San Lourenzo, dous anos despois por mor da pandemia. Desta vez a trama descorre na «Casa da avoa» que, como en case que todas as aldeas por este tempo, a casa familiar énchense de familia cada quen ca súa maneira de entender a vida. Os actores, un ano máis, os vecinos e veciñas da vila.

obrateatro_arcos_vilamartin (12)
Plaza do centro social de Arcos, onde se teatralizou «A casa da avoa»

Na Rúa inaugurábase a Bacofesta, onde na área recreativa do Aguillón dábase lectura ao pregón. Viño e comida para unha tarde que remataba coa actuación estelar La Banda de Ayer. Hoxe cantos de taberna a cargo da agrupación local Abertal e actuación dos Players.

somoscomarca_arua_bacofesta_2022 (38)
Recinto da Bacofesta na Rúa

En Trives e A Veiga os protagonistas eran os cantos de taberna. No primeiro caso como antesala o gran desfile do domingo do Entroido de verán e no segundo como unha das actividades de lecer programadas para este tempo estival. En Trives hoxe Mercadiño de artesanía, campionato de billarda, sesión vermú coas Macizas Centrais, festa da espuma e concerto de Los Íñigos.

Cantos de Taberna na Pobra de Trives (1)
Os cantos de taberna protagonistas da tarde-noite na Pobra de Trives

Viana tamén se sumou a este si fin de actividades cas que comezaban as festas patronais na honra da Asunción e de San Roque. Unha festa dos anos oitenta  e a presentación do libro «Cadernosde Viana» de Jesús Garía. Para hoxe xornadas de folclore e actuación da orquestra Olimpus.

No Barco, dentro da terceira edición do Ciclo Terrasón, celebrouse o segundo concerto deste ciclo cultural onde os protagonistas son "Dani Barreiro & Friends".

A música comenzou a sonar ás 22.30 horas na Rúa Abdón Blanco. Dani segue entendendo os seus concertos como unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”.

Un espectáculo para todos os públicos en formato trío, un repertorio que repasou os éxitosde dos 60’s hasta hoxe: Duncan Dhu, Gabinete Caligari, Calamaro, Coque Malla, Andrés Dobarro, Loquillo... y también éxitos internacionales como Johnny Cash, Nell Young, REM, Depeche Mode, Creedence Clearwater Revival, os Rolling Stones ou os Beatles entre outros..

San Xoán de Río celebrou a Festa do Emigrante. Hoxe torneo aberto de Billarda e a actuación do Mago Teto.

Véspera de ponte «hiperactiva» en Valdeorras, Viana e Terras de Trives