miércoles. 29.07.2026

Ourense coordina o dispositivo especial para a eclipse solar total do 12 de agosto

Representantes de Larouco, A Rúa, A Veiga, Manzaneda e O Barco participaron na reunión presidida polo subdelegado do Goberno, Eladio Santos
20260728_SO_Eclipse

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu este mércores unha reunión de coordinación cos organismos e representantes dos concellos da provincia implicados no dispositivo especial previsto con motivo da eclipse solar total que terá lugar o vindeiro 12 de agosto.

Durante o encontro analizouse a situación actual dos puntos de observación habilitados na provincia. Polo momento están previstos seis espazos distribuídos en cinco municipios, aínda que varios concellos solicitaron a incorporación doutros dous puntos, polo que a rede podería ampliarse nos próximos días.

Segundo explicou o subdelegado, o obxectivo desta coordinación é garantir que a xornada se desenvolva con normalidade e ofrecer as mellores condicións tanto á cidadanía como aos visitantes que elixan a provincia de Ourense para contemplar este fenómeno astronómico.

Na reunión participaron a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela; a alcaldesa da Rúa, María González Albert; o alcalde da Veiga, Juan Anta; o alcalde de Manzaneda, Pedro Yáñez, así como a técnica de Turismo do Concello do Barco de Valdeorras.

Ourense coordina o dispositivo especial para a eclipse solar total do 12 de agosto