viernes. 04.10.2024

Vilamartin. O Grupo de Teatro de Arcos volveu ás representacións teatrais polo San Lourenzo, dous anos despois por mor da pandemia. Desta vez a trama descorre na «Casa da avoa» que, como en case que todas as aldeas por este tempo, a casa familiar énchense de familia cada quen ca súa maneira de entender a vida. «Mézclase un pouquiño de economía, un pouquiño de política, un pouquiño de todo», sinala o autor.

«Trata da casa da abuela onde hai un montón de fillas, netos e demais. Alí todo o mundo se apunta a comer, a beber e a todo iso; e, a acabarlle coa economía, e todo iso», así o explicaba o autor, David Daniel Vázquez Álvarez, mestre e escritor nado en Arcos, antes do comezo.

obrateatro_arcos_vilamartin (9)

O elenco, formado por veciños e veciñas de Arcos ou xente que sendo desta localidade vilamartinesa vive noutros lugares, fixo rir e pasar unha velada divertida a todos os presentes. Foron tantos que a praza do centro social de Arcos encheuse até case rebentar. « Xente maior, algunha xente nova. Bueno, como todos os anos, veciños e veciñas, nada máis», refería David no referente aos actores e actrices.

obrateatro_arcos_vilamartin (15)

«Levamos 13 ou 14 anos, paramos co rollo da pandemia pero agora retomámolo, e logo? Xuntar a xente e darlle un pouco de risa que boa falta fai», engade o autor. E, é que o que se pretende con estas representacións que se fan coincidir ca festa de San Lourenzo, e arrincar os sorrisos e se cabe tamén as gargalladas. «Para cousas serias xa está o mundo», afirma David.

obrateatro_arcos_vilamartin (5)

Ensaian durante máis dun mes para ofrecer unha obra que ironiza sobre o día a día con respecto e humor. «Aos veciños e veciñas suponlle un entretemento grande  durante a tempada que dedicamos a ensaiar», subliña. «Empezamos  hai un mes, primeiro un par de horas unha vez por, no mes de xullo facémolo dúas veces á semana, e en agosto todos os días, menos estes de festa que non sei como andaran as cabezas, pero ben», remata.

obrateatro_arcos_vilamartin (11)

Arcos xuntouse na «Casa da avoa»