domingo. 19.07.2026

Vilamartín celebrou a noite máis máxica do ano cunha sardiñada e moita festa

San Xoán de Río tamén celebrou o San Xoán santando as lapas da fogueira e coa tradicional queimada na quen non faltou o conxuro para espantar ás meigas e os malos augurios

A praza José Luis Núñez de Vilamartín converteuse no centro da celebración da noite de San Xoán, unha das citas máis agardadas do comenzo do verán. Organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín, en colaboración co Concello, a xornada reuniu a numerosos veciños e veciñas nun ambiente festivo marcado pola tradición, a gastronomía e a música.

A celebración comezou arredor das nove da noite coa acendida da gran fogueira, símbolo dunha das noites máis especiais do ano. Unha vez que as lapas deron paso ás brasas, chegou o momento dunha das actividades máis esperadas: a tradicional sardiñada. Preparáronse preto de 30 quilos de sardiñas, que foron degustadas polos asistentes ao evento. Por un prezo popular de cinco euros, os participantes puideron desfrutar dun completo menú composto por sardiñas, pan, viño de Valdeorras e un saboroso postre.

somoscomarca_20260623_vilamartin_sanjuan_sardinadasanjuan (5)

As elevadas temperaturas rexistradas durante a noite favoreceron a participación e animaron a veciñanza a prolongar a celebración en familia e entre amizades. A música tamén tivo un papel destacado grazas á actuación da charanga El Tattoo, que puxo ritmo e alegría á festa, facendo bailar aos asistentes e contribuíndo ao excelente ambiente vivido durante toda a noite.

somoscomarca_sanxoanderio_noitedesanxoan (3)

San Xoán de Río tamén celebrou ao patrón

As festas de San Xoán de Río xa botaron a andar a pasada fin de semana cunha cea organizada pola asociación Mulleres de Río, que reuniu a numerosos veciños e veciñas nun ambiente de convivencia e celebración. A velada estivo amenizada con música en directo e contou cun menú composto por empanada, paella, bica e bebidas.

somoscomarca_sanxoanderio_noitedesanxoan (1)

O sábado 20 de xuño, a programación continuou cun pasarrúas a cargo de Os Trintas, seguido da misa e procesión do Corpus. A xornada rematou cunha animada festa e verbena amenizada polo grupo Montreal.

somoscomarca_sanxoanderio_noitedesanxoan (2)

A noite do martes 23 de xuño estivo marcada pola tradicional Noite Meiga de San Xoán, celebrada na Praza da Igualdade. Non faltaron os saltos sobre as fogueiras, o ritual das herbas de San Xoán nin a elaboración da tradicional queimada acompañada do seu conxuro, nunha cita que combinou tradición, simbolismo e participación popular.

somoscomarca_sanxoanderio_noitedesanxoan (4)

As celebracións culminan hoxe coa festividade do patrón, San Xoán Bautista, cun programa relixioso que inclúe a misa solemne e a procesión polas rúas da localidade, poñendo o broche de ouro a varios días de festa e convivencia.

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

Vilamartín celebrou a noite máis máxica do ano cunha sardiñada e moita festa