domingo. 08.06.2025

Máis inglés e horas de prácticas en Formación Profesional de Galicia

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, avanzou os pasos a nivel autonómico para organizar o vindeiro curso
somoscomarca_abau_iescosmelopez_alumnos_selectividad_2022-06-07 (5)
Máis inglés e horas de prácticas en Formación Profesional de Galicia

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de reunir aos equipos directivos dos centros públicos que imparten ensinanzas de Formación Profesional para avanzarlles os pasos que está dando a Administración autonómica para organizar o vindeiro curso escolar. 

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, mantivo unha xuntanza de traballo cun total de 180 responsables docentes para explicarlles a nova ordenación da FP na que está traballando a Consellería, co único obxectivo de «afianzar o modelo de éxito galego» nunhas ensinanzas que actualmente cursan 64.570 persoas, un 85% máis ca no curso 2008/09.

Así pois, a partir do vindeiro curso 2024-25, a Formación Profesional galega contará co dobre de formación en inglés do marcado como mínimo na normativa estatal. Outra das novidades é o reforzo da formación en empresa, que poderá acadar as 700 horas, o que supón ata un 82% máis con respecto as actuais.

A directora xeral destacou que, malia isto, se mantén a formación en centros, polo que se van manter as funcións e horario do profesorado, tendo en conta ademais que na lei estatal tamén se establece a incorporación de novos módulos en substitución doutros.

Todo isto recollerase na futura orde de regulación da FP galega, un texto normativo que, tal como lles explicou Eugenia Pérez aos representantes dos centros educativos, está elaborando xa a Consellería de Educación.

Máis inglés e horas de prácticas en Formación Profesional de Galicia