domingo. 19.05.2024
p_somoscomarca_vilamartin_entroido_desfilecomparsas_2023 (31)
somoscomarca_vilamartin_entroido_desfilecomparsas_2023 (31)

O entroido segue enchendo da paixón e a festa cada un dos lugares da comarca de Valdeorras. Neste caso, Vilamartín convoca as axudas para o desfile de comparsas e folións do entroido 2024, que se celebrará o sábado 10 de febreiro a partir das 16:30 horas. 

O prazo de inscrición finalizará o venres 09 de febreiro de 2024 (inclusive), ata as 14:00 horas, podendo presentarse a instancia, ben no rexistro xeral do Concello ou a través de calquera dos medios establecidos no art. 16 da Le 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No desfile poderán participar todas as persoas que o desexen, da igual a súa nacionalidade ou cal sexa o seu lugar de residencia. Tanto as comparsas como os folións faráselle entrega dunha axuda económica en función do número de compoñentes:

  • De 10 a 20 compoñentes: 100 euros/Comparsa ou Folión
  •  De 21 a 30 compoñentes: 200 euros/Comparsa ou Folión
  • Máis de 30 compoñentes: 300 euros/Comparsa ou Folión

As solicitudes deberanse formalizar mediante instancia dirixida o Ilmo. Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

O Entroido chega a Vilamartín de Valdeorras