lunes. 27.05.2024
Arreglo de camino en Pradoalbar (Vilariño de Conso)
Destinados 4,3 millóns aos concellos ourensáns para mellorar camiños municipais

A Xunta de Galicia destina un total de 4.287.646 euros aos 92 concellos da provincia de Ourense para subvencionar a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, dentro do Plan Marco 2024-2025. As entidades locais teñen de prazo ata o vindeiro día 26 de febreiro para presentar as súas solicitudes, de acordo co establecido na resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado xoves, día 25 de xaneiro.

Para o conxunto de Galicia, a convocatoria conta cun orzamento de case 19,5 millóns de euros distribuído en dúas anualidades, 9,5 millóns para 2024 e 9,99 millóns para 2025. Este crédito está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento  Rural (Feader) da  medida 0431 do PDR de Galicia 2024-2020, nun 7,5% por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5% por fondos propios da Xunta de Galicia.

Criterios de distribución

A distribución do crédito destinado a financiar o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2024-2025 realizouse de acordo con diversos criterios relacionados con cuestións como o número de habitantes, a superficie da localidade ou o grao de despoboamento.

Neste sentido, do montante total da convocatoria é de 17.998.525 euros asígnanse para todos os concellos partindo de cantidades fixas que se modulan empregando criterios de despoboamento, envellecemento, superficie do concello e un coeficiente de agrariedade onde se valoran datos de carácter socioeconómico vinculados a actividade agraria. Os 1,5 millóns de euros restantes financiarán a redacción dos estudos integrais da rede viaria municipal.

Destinados 4,3 millóns aos concellos ourensáns para mellorar camiños municipais