viernes. 06.06.2025

As rutas de «Terras Altas de Trevinca»: unha experiencia inolvidable

Juanjo Lorenzo, guía local de montaña e natureza: «O senderismo é algo máis cunha actividade deportiva»
somoscomarca_estudio_juanjolorenzo (2)
As rutas de «Terras Altas de Trevinca»: unha experiencia inolvidable

A aventura e a natureza entrelázanse para ofrecer experiencias únicas aos amantes do sendeirismo e da alta montaña na zona máis alta e oriental de Galicia. Juanjo Lorenzo, guía local especializado neste territorio, leva xa case nove anos promovendo actividades que permiten descubrir a fastosidade destas montañas e, especialmente nesta época do ano, a máxica experiencia de percorrer a zona con raquetas de neve.

A empresa de Juanjo, que conta xa con sete anos de traxectoria, aposta por dinamizar e dar a coñecer a riqueza natural de Trevinca, dentro da comarca de Valdeorras. A súa paixón pola montaña reflíctese en cada actividade que organiza, ofrecendo rutas tanto no outono, cando a paisaxe se viste de cores douradas e ocres, como na primavera, coa floración dos toxos e as carqueixas. Porén, é a neve a protagonista indiscutible da tempada invernal.

somoscomarca_231205_nieve_nevada_terrasaltasdetrevinca_autorfotografia_pisandonieve (4)

Raquetas de neve: un xeito diferente de explorar  Trevinca

As rutas con raquetas de neve son unha das actividades máis demandadas nesta época do ano. Segundo explica Juanjo, en anos normais a tempada adoita comezar en decembro e prolongarse ata marzo ou abril. Este ano, porén, a primeira actividade con raquetas realizouse o Día de Reis, debido a unha menor presenza de neve. Desde entón, adaptáronse os percorridos segundo a altitude onde se atopaba a neve, podendo camiñar por zonas de menor cota ou ascendendo ata os 2.000 metros.

Estes camiños a seguir están deseñados para todo tipo de público, axustándose en lonxitude e desnivel segundo a forma física dos participantes. As máis accesibles permiten descubrir as fermosas lagoas glaciares, mentres que as máis esixentes levan aos sendeiristas a cumios impresionantes. Este ano, incluso nenos de 8 e 10 anos participaron nunha ruta de 10 quilómetros ata a Lagoa de Ocelo, demostrando que estas actividades son aptas para toda a familia.

Máis alá da neve: outras actividades en Trevinca

A medida que a neve desaparece, as actividades en Trevinca seguen ofrecendo experiencias incribles. No verán, rutas como a dos "Colosos Galegos da Montaña" permiten ascender aos picos de máis de 2.100 metros, mentres que as visitas ao Teixadal de Casaio poñen en valor a riqueza natural da zona.

Outra proposta única son as camiñadas nocturnas, ideais para fuxir do calor estival e gozar do ceo estrelado de Trevinca, recoñecido como destino Starlight. Nestes percorridos, os sentidos agudízanse e cada pequeno son da natureza convértese nunha experiencia inmersiva.

somoscomarca_terrasaltasdetrevinca_actividad_nieve_raquetasdenieve_2023 (9)

 

Un paraíso natural que namora

Trevinca posúa un dos espazos protexidos máis importantes de Galicia, con 25.000 hectáreas dentro da Rede Natura. Especies como a aguia real, o voitre negro ou a tartaña común habitan este ecosistema, facendo das rutas unha oportunidade única para a observación de fauna.

Para aqueles que desexen vivir estas experiencias, toda a información sobre as actividades está dispoñible na páxina web www.terrasaltasdetrevinca.es e nas súa redes sociais. Como di Juanjo Lorenzo, a natureza é un ben cada vez máis valioso, e Trevinca ofrece un escenario perfecto para gozar dela en todo o seu esplendor.

Os fundadores de Terras Altas de Trevinca

Ao carón de Juanjo Lorenzo está a súa compañeira Mónica Rodríguez, con quen fundou a empresa de turismo Activo Terras Altas.de Trevinca, Deixaron a súa zoa de confor como explican na súa páxina por «ese amor, ese respeto por la montaña y la naturaleza, que vivimos cada día, en cada ruta, en cada encuentro con cada uno de vosotros, sabiendo que, el que comparte un recorrido, una aventura, una experiencia, se lleva parte de la impronta que un día nos encandiló y nos unió para siempre a estas montañas».

Juanjo Lorenzo, enxeñeiro de montes, técnico de sendeiros da FEDME, monitor de educación ambiental, técnico da Escola Galega de Alta Montaña, guía local de montaña no territorio de Trevinca e monitor de turismo astronómico Starlight, leva máis de 20 anos practicando sendeirismo e montañismo por diversos paraxes naturais da xeografía peninsular. A súa paixón pola natureza e a montaña, xunto coa busca dun modo de vida máis en harmonía co planeta, levouno hai anos a fixar a súa residencia en Xares, unha pequena aldea no municipio de A Veiga (Ourense), aos pés de Pena Trevinca.
somoscomarca_terrasaltasdetrevinca_raquetasdenieve

Pola súa banda, Mónica Rodríguez, enxeñeira forestal, técnica de sendeiros da FEDME e guía local de montaña no territorio de Trevinca, sentiu desde pequena unha forte atracción pola natureza, facendo da montaña a súa segunda casa. Actualmente reside tamén en Xares para estar máis preto das montañas que un día a conquistaron: o Macizo de Pena Trevinca. Ambos comparten a paixón por este territorio e cofundaron Terras Altas de Trevinca para achegar a súa beleza a visitantes de todas as idades.

 

As rutas de «Terras Altas de Trevinca»: unha experiencia inolvidable