sábado. 31.05.2025

«Temos que valorar e gozar da xoia natural que temos aquí»

Juanjo Lorenzo, guía de Terras Altas de Trevinca, avanza as actividades da tempada de verán e fai balance dun inverno «espectacular e con moita neve»
actividadesterrasaltasdetrevinca
«Temos que valorar e gozar da xoia natural que temos aquí».

Terras Altas de Trevinca encara a tempada de verán despois dun inverno «moi positivo, con moitísima e boa neve», segundo valoraba un dos seus guías, Juanjo Lorenzo. As altas temperaturas xa están protagonizando os días na comarca, por iso é necesario adaptar as actividades que organizan. 

«Adiantamos un pouco a hora do comezo das rutas, evitando as horas centrais do día, ou potenciando as actividades de media montaña, de natureza, por zonas boscosas e próximas á auga». Puxo en valor Lorenzo a Zona Especial de Protección de Aves «porque non só temos o cumio máis alto de Galicia, senón tamén uns bosques cunha natureza excepcional onde podemos observar aguias reais ou aguiluchos cenizos».

Ademáis das citadas actividades diurnas, un punto forte nesta época do ano son as nocturnas porque «permíteme dicir que estamos no mellor destino Starlight a nivel galego e dos mellores a nivel nacional. Potenciamos a observación dos ceos nocturnos».  

«Moita xente marchou namorada do territorio e con ganas de voltar. Temos que valorar e gozar da xoia natural que temos aquí». Unha «xoia» que celebra os próximos 15 e 16 de xuño o seu Día da Montaña Galega, cunha actividade organizada polo Club Montañas de Trevinca

Segundo avanzaba Juanjo Lorenzo «este ano celébrase o XXII aniversario da "Aperta a Trevinca", cando un grupo de rapaces a través de Cholo subiron coas súas gaitas a tocar o antigo himno de Galicia. Creo que hai que defender as montañas de Galicia e sobre todo o que representan e simbolizan na nosa vida».

Puede escuchar la entrevista completa en este enlace de audio:

«Temos que valorar e gozar da xoia natural que temos aquí»